Unha fin de semana espectacular
Marchamos para Asturias e imos o Parque natural las Ubiñas-La Mesa, viaxe tranquilo, e antes temos que parar a coller as chaves da cabaña, na casa de Isabel e Jose Maria, como non podia ser de outro xeito, unhas botellas de sidra e un queixo acompañaron a conversación
Tiñamos que subir por unha pista e o ir subindo foise cubrindo de neboa, que non deixaba ver moito, por non decir nada do que descubririamos o dia seguinte.
Curiosidades, o día seguinte había unha carreira de montaña, parece que o deporte non nos deixa,
Despois dun porteo duns 40 minutos chegamos a cabaña, deixar as mochilas e descargar é un placer.
Ainda que non ia frio, unha lareira e unha boa conversación dan vida.
Despois de durmir o son dos cencerros que acompañan as 24 horas, saio da cabaña esperando ver o que se non contou, pero seguia cuberto.
Pouco a pouco a bretema vai baixando e empeza a abrir un panorama espectacular, Pacho vainos describindo todo o que vemos, as cobas e os picos que temos enfrente.
e despois dun bo almorzo, preparamos mochilas para pasar o día na montaña, imos subir ó
Pico Farimientu
arrancamos e cruzamonos con algún corredor da ruta longa, damos ánimos como sempre e seguimos
antes de iniciar unha boa subida, para pasar o outro lado dun paso, atopamos moito ganado, e unha impresionante manada de rebecos
Pacho burato que ve, burato que ten que investigar, eso de ser espeleologo vai na xenetica
O pico Farimientu xa se divisa
desde aqui, quedan uns 300 metros de desnivel...último esforzo, para subir
con tranquilidade e tendo un mar de nubes a nosos pes, subimos a 2168 metros, para min son 2200 e ese dato non mo quita ninguen.
Pico Farimientu
habia que portealas, e non o sabian, pero unha estrella ó chegar a cima, ou unha radler para quen lle guste, son detalles
Gamoniteiro o fondo
buitres voando, impresionante
outra clase maxistral, a nosa cabaña estaba a esquerda detras das montañas e non podiamos divisala
no pico, podeste mover, pero o meu vértigo decíame que moito coidadiño, e que as excursións non acaban ata que baixas da montaña.
despois dunhas oito horas de pateada, chegamos a cabaña, agora si, toca descansar un pouco
que bonito dia, cansados de levar unha mochila cargada o lombo todo o día, pero a experiencia e a vivencia queda xa para sempre.
o serán, baixa o fresco, suben as nubes e prendemos o lume para cear.
recollemos, limpamos e toca voltar o coche.
e como non podiamos marchar sen comer un pouco de gastronomia local, un bo entrecot a salsa de cabrales, pote de castañas e arroz con pitu
Unha fin de semana para lembrar
No hay comentarios:
Publicar un comentario