Unha loucura que saiu ben
Esta historia empezou fai un mes nun dos nosos famosos recoverys, despois de acabar o triatlón de A Coruña, en Betanzos coméntame Oscar que veu unha carreira que podía ser interesante, pero que era moi dura. A miña resposta despois dun trago de cafe con xeo, foi:
- imos, non?
e despois dun trago a resposta de Oscar foi:
- Imos a morrer, é moi dura para o noso nivel, imos ter que empuxar a bici nas subidas, moitas subidas, non temos a piñonera axeitada, a altura dos Ancares, é moi cara a inscripción, o dez de agosto vai calor, hai que levantarse moi cedo...
e a miña resposta foi:
- entonces imos, non?, que vai pasar se non acabamos?, que pasa se empuxamos a bici?, vas a conducir ti?, os cartos son para gastar cos amigos!
ese día seguimos a ruta, e o chegar a casa mirei a páxina do evento e vin o que nos esperaba. Pero a semente xa estaba plantada e o que me apetece é facer cousas que nunca fixera, cousas difíciles. Nas seguintes saidas xuntos, nos recoverys saia a conversación, imos non? a reposta era a mesma, imos a morrer, non!... pero a cada inconveniente sempre había unha resposta para ir, e a quinta ou sexta vez, xa lle dixen:
-É a fin de semana do meu cumple, asi que eu vou, e xa te apunto a ti tamén.. e na inscripción o teléfono de urxencias do dous, será Uxia, ca orden de telo en modo avión, asi que tiñamos que chegar a meta. Non había volta atrás, feito e a cruzar os dedos.
Co glup no corpo, a verdade que un final de Xullo e principios de Agosto cun moi bo adestramento de bici e con ganas de que chegara o día.
Todo organizado e arrancamos para O Cebreiro... as previsións eran que ia moito calor, consello da organización que nos hidrataramos ben, que crema solar...
cinco da maña, había que ir a buscar o Sr Nogueira. Copiloto de dez! antes de sair da ciudade xa estaba durmindo, menos mal que me gusta a música do meu coche :)
Gustame ir con tempo os sitios, aparcar, estar ali, e unha vez que estas, almorzar con estas vistas, non ten prezo.
Con calma pero sen pausa, chega o momento de ir para a liña de saida. Encontrámonos con compañeiros do club, falamos, unhas risas e dan a saida as nove en punto.
Baixamos a unha media de mais de 40 km/h os primeiros 20 km, cando no pelotón que iamos dime un compañeiro o pasar un guardia civil ,
- acaba de decirnos que estamos fora de carreira?
pois si, eu tamen escoitei o mesmo, dounos a risa a todos, pero claro, a xente tírase para abaixo como se non tiveran frenos, e nós, "ghardando das risas pas choras"
No km 31 empeza o primeiro porto, Alto de Catroventos, casi que se agradece porque despois de estar avisadísimos da calor, unha baixada tan longa ata tiña frio, pouco durou !, uns metros para arriba e xa quentamos, quedan 10 km de subida e sen problema, poñemos o ritmo, o Garmin de Oscar vai chivando o que ven, visualizamos a subida e intentamos familiarizala,
- é como a canteira,
decimos para engañarnos e facela, claro que a facemos!, van pasando os quilómetros e cando quedan dous, Oscar que vai mais sobrado dime, vou tirar ata o avituallamiento e espero arriba, perfecto!.
No alto de Catroventos un bo avituallemiento, un par de vasos de cocacola , un pouco de sucre non ven mal e fresquiña como estaba, un placer. Falamos e decimonos, pois xa subimos o primeiro alto, mando un aviso a Uxia, e tirámonos outra vez para abaixo, espéranos o Portelo !
chegamos abaixo e temos un tramo de falso llano, un placer poder ir tranquilo, falando e mirando donde estamos, facemos números do que queda e que realmente pensamos, nin tan mal !
o sair do avituallento creo que os km mais duros. O Alto do Comeal, unhas rampas para facer un pouco de zetas pero subido, cando chegamos arriba, dime Oscar, o primeiro da ruta longa, esta a uns 500 metros por detras... pasounos a uns sete quilómetros de meta, animamolo como non podia ser doutro xeito, e perdémolo de vista na seguinte curva... outro nivel !
Tiñamos pensado chegar mais tarde e a organización era distinta pero hai que fluir e improvisar, collemos o coche e ca calor que facia, non apetecia comer asi aproveitamos para achegarnos a casa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario