jueves, 11 de septiembre de 2025

Un dia en La Vuelta

 Unha experiencia mais que sumar

 


 Fai uns meses marcamos o día de hoxe no calendario, o 10 de setembro e a etapa co final no alto do Morredero en Ponferrada. A idea era ir a Ponferrada e cas bicis subir para ver o final da etapa. Moita planificación falando deste día, como iamos facer, horarios, saida de traballo, como subir, comida, en fin todo o que require unha cousa destas, e a ilusión ia crecendo a medida que se achegaba o día.

Pero como casi todo na vida ti podes planificar o que esta na túa man, pero o que non esta, tes que adaptarte e as veces improvisar. Despois dun verán de moito calor, pero a unha semana a previsión de tempo era que ia vir malo, moito vento e chuvia. "Amighiños si, pero a vaquiña polo que vale", as previsións non eran para levar a bici, pero non iamos a quedar sen a experiencia, asi que a pesar de todo, fomos para Ponferrada.

Saimos de Coruña con mal tempo, pero unha vez que entramos en Castilla y Leon, o tempo ia mellorando, e nos no coche decindo:

 - Pois non esta tan mal, podíamos traer as bicis...

Primeira parada Molinaseca, coller a Bruno, e subir o mas próximo o alto, iamos a ter que camiñar,  

antes algunha parada para ver a debastación dos lumes que tiveron en agosto


 

A medida que subiamos, o tempo empeoraba e o chegar arriba, un temporal de vento e chuvia.

Non subades o Morredero que estan desmontando todo, ventos imposibles, empezamos ben!






 Que facemos? pois imos cara abaixo, a Peñalba de Santiago, e ímonos informando da situación. Non suben, van a facer a chegada 5 km de meta, a ver as maninfestacións en Ponferrada. Oscar mais eu mirabamonos e pensabamos o mesmo, mi madriña!!

Pero que non se diga!, previsións que a partir das tres ia mellorar, e como un clavo ardente agarramonos a esa idea, e xa que estamos aqui, imos disfrutar. Imos baixar ata Peñalba e xa tomaremos unha decisión cando teñamos información oficial





 

Nunha semana voltamos a dar unha volta en bici, esperemos ter mellor tempo, 



A medida que baixabamos altura o tempo melloraba, o que para un optimista como eu, non precisaba mais. Empezabamos a ver xente, que ian camiñando, outros en bici, moita btt, e todos estabamos o mesmo,  e nos deciamos 

- o final seguro que se fai, o tempo que cruzabamos os dedos.



a fouteza 




 o vento era tremendo, e frio, había que subir e escoller o sitio donde estar, unhas zetas que o estar todo queimado daba unha visibilidade dun par de quilometros foi o sitio elexido. Lembraba o día que baixamos a visitar Peñalba no coche de Arantxa, menos mal que habia vexetación e non se apreciaba a pendiente por donde vai a estrada, se non co meu vértigo, eu baixome do coche o 100 % 

Unha vez colocados, nunha curva e protexidos do vento, sentamonos e xa vamos a estar neste sitio e que sexa o que teña que ser. A cobertura do móbil era escasa e a información menor, asi que decidimos comer, as penas co estómago cheo, son menos penas 


 

o km 5 a meta, posible final...

 

Co vento que facia, os paraugas pouco facian

 

A nosa curva

Unha vez que xa confirmaron que chegaban arriba, preparados para disfrutar, e o día empeza a mellorar, todo vai como ten que ir!.


Esperando, sabiamos donde estaba a cabeza de carreira, xa tiñamos amigos, falabas cun e con outro, risas, comentarios, e ansia por ver como veñen, e como veñen, increible como pasan os primeiros, os do medio e os últimos. Todos son deportistas increibles, e nós temos a sorte de gozar de ver esto a un metro de ti, e animando a todos, non hai color, non hai equipos, todos son campións.





 

 uns 25 minutos do primeiro grupo o último.. unha gozada, e estar nunha rampa do 20%, e ver que todos pasan como avións, impresiona moito.

Acabaouse o conto, hai que subir o que queda ata o alto, e coller o coche.

Ata unha próxima ocasión  Alto do Morredero, a próxima vez que veñamos, viremos en bici, palabra de "Xoanoscarada" e marchamos cunha idea e compromiso, que na Vuelta 26, iremos a ver outra etapa.


 Pero antes de voltar a casa, habia que ir a Molinaseca e tomarlle algo, como sempre un placer estar nesta terra, e dentro de dez días, temos unha ruta en bici, teremos que subir Foncebadon e sacarlle unha foto na Cruz de Fierro, non si, Sr Nogueira?


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario