Un día que non estaba planificado asi, pero saiu moi chulo
Unha media que xa é un clásico, cando pensei nela tiña unha idea, o recovery final en Rinlo e o seu arroz caldoso, pero este ano non pudo ser, os compañeiros foron caendo por lesións, problemas de calendario e o final fomos Marian mais eu.
Esta media é un semitrail, nin por data, despois do verán donde os adestramentos son mais livianos e os deberes mínimos, nin por perfil pódese ir con pretensións de tempos asi que imos a pasar un día bonito e pasalo ben e simplemente acabar e ter unha mais no curriculum.
Arrancamos con tempo para poder ir a ver a praia das Catedrais, donde deixamos o coche que xa nos espera ata que cheguemos a meta, baixamos en autobus ata Ribadeo a coller o dorsal e prepararnos para a carreira.
Collidos os dorsais, tomamos un cafe e damos unha volta por Ribadeo, explícolle a Marian como imos facer e ainda que a idea esta clara, de correr un extensivo sen mais, os nervios previos da alumna van na súa xenética, menos mal que me ten a min para baixarlle os pes a terra.
(encántame este grafiti do Rei Vilan en medio de Ribadeo)
Por baixar en autobus e vir os dous a correr, temos que deixar unha mochila cas cousas que non imos a levar, collerémola en meta o chegar. Agora si, preparados para correr, imos a quentar. Vemos moitos compañeiros, saudamos, conversacións e risas e xa case sen pensar chega o momento, a tarde esta perfecta para correr, asi que sen problema.
preparados... as cinco en punto empezamos
Xa teño cinco medias maratons de Catedrais, lembro cando foi a miña primeira no ano 17, xa choveu, para Marian é a primeira hoxe, e a nosa terceira media que faremos xuntos. Hoxe imos a chegar a meta, punto, asi que xa desde o principio dígolle, nós saimos desde atras e coidado cos tres primeiros quilómetros que son costa abaixo e é moi sinxelo sair do ritmo, e despois págase.
Saimos polo libro, ritmo lento, non temos prisa e ainda asi, adiantamos xente, pouco a pouco iremos colocándonos na posición natural e correcta
A ponte de Santos o fondo, hai que subir a ese nivel
Unha vez arriba voltamos a coller ritmo, Asturias a nosa dereita
O Faro de Illa Pancha
Seguimos o ritmo establecido, uns seis e pico por quilómetro, vai calor, vai vento, pero cada paso achéganos a meta. Neste punto, xa imos con marxen para correr tranquilos, a xente vaise espallando e imos facer unha boa tirada con dous compañeiros de NSL
No km 9 entramos no que é outra parte ben distinta desta carreira, camiños, e ainda que voltaremos a ter tramos en asfalto, xa o que queda practicamente será terra.
sabes perfectamente por donde vas a ir, pola liña de corredores que perfilan o percorrido
Antes de chegar a Rinlo hai un par de costas, pequenas pero que deixan as pernas finas, hai que camiñar que o final aforras tempo, xa se voltara a correr cando cheguemos arriba.
Que non se diga que non levamos animos!!
Rinlo, a xente o pasar son tremendos, moitos aplausos
E despois de pasar o derradeiro avituallamento, xa queda a referencia do noso patio de recreo, xa se descontan os quilómetros, quedan cinco.. catro.. tres.. xa estamos chegando.
km 20, despois de pasar pola praia do Castro, e antes do último esforzo,
unha foto chula sempre motiva, xa se escoita o ruido de meta, xa estamos Marian..
Praia de Esteiro e subir a meta, chegamos compañeira!.
En meta vemos a compañeiros, xa esta, satisfacción polo percorrido, por facela, non había obxectivo temporal, bueno si, tiñamos que chegar en hora e eso fixémolo cumpridamente, así que perfecto. Agora tocaba marchar outra vez para Ribadeo a ducharse e a tomar o merecido recovery.
E sorpresa, o chegar o pavillón deportivo, dígolle a Marian:
- ducha e quedamos no coche porque seguro que acabo antes que ti;
a min que me gusta ducharme en auga fria como que me den ca man aberta, pensaba, un viche non viche e tira para diante, pero o tocar a auga, quente! quenteeee! mi madriña que gusto! facia moito tempo que non tiña esa sensación. O de chegar tarde ten as súas cousas.
E esperando no coche, penso, donde puxen as gafas de ler?, eu creo que as truxen, pero non sei, que raro.. e soa o teléfono
- Xoan ? mira que non colleches a bolsa que deixastes en Ribadeo para meta...
- Ostras, perdoa!
- Baixamos agora para Ribadeo, lévocha
e asi, disfrutando do momento esperamos no banco do pavillon a que nos traian a bolsa, a verdade que nos esquecimos completamente dela, pero o final ainda tivemos sorte.
Unha vez que estamos todos, baixamos a tomarlle algo,
e despois de repoñer forzas, tiramos para casa, ainda nos queda hora e media de coche.
A miña 29º media maratón con dorsal xa ten a súa historia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario