Que bonito é cando se xuntan dous toliños
Esta aventura comenzou fai uns meses, cando decidimos vir a facer a subida a Cruz de Ferro. Oscar comentoume que tiñamos esta marcha ciclista; e eu simplemente preguntei:
- cando imos?
o resto era cuestión de Oscar, as súas neuras de que é dura, que van moi rápido, que hai moito nivel, etc etc. Eu miro o calendario, traballo ou non? e xa esta decidido.
Despois de estar fai dúas semanas por estas terras gozando do Morredero na etapa de La Vuelta, e coñecendo a subida a Foncebadon, xa a fixeramos unha vez, pois o único era organizar a viaxe e deso encargome eu. Todo estaba calculado, saimos a luz de lúa, e o camiño esta calculado, a única sorpresa foi que esta vez, o copiloto duroume falando ata altura de Betanzos, xa estaba pensando que me cambiaran o amigo por outro.
chegamos a Molinaseca, punto de saida, e aparcamos no parque... hai que podar un pouco as árbores, ou o conductor estar mais atento, vou a elexir a primeira opción.
O chegar, collemos dorsal e para min, tiñan o número oito, a primeira alegría do día, que número mais bonito para un que naceu un oito do oito
Tomamos un pouco de almorzo, un colacao, cafe, unhas totadas, etc, había que coller enerxia que a iamos a precisar
Oscar o sete...
E despois de cambiarnos ca roupa de ciclistas para pasar desapercibidos na saida, estabamos preparados para o que viña, ou polo menos a idea era esa. O único compromiso, que tiñamos reservado comida para as tres da tarde, e tiñamos claro que iamos subir como mínimo ata El Acebo, despois xa evaluaríamos a situación e tomamos decisión, o seguinte reto era chegar a mesa co tempo xusto.
Preparados
Vai frio, e a saida retrasase un pouco, pero o sair os dous quilómetros xa temos a primeira subida en Onamio, entras en calor, si ou si, e xa non temos frio o resto da ruta.
Imos rápido, pero ainda asi a cola de pelotón, e despois da primeira baixada, xa temos un sube baixa na que por primeira vez no meu ciclocomputador de bici, vexo un 71 km/h que para min chegalle, e tendo en conta que hai vento, algun sustiño, depois de pasar Calamocos unha curva de 180º na que non me fun porque non quixo a providencia, en fin, que tiñamos que chegar xuntos a subida de San Pedro de Castañedo, para facer un reagrupamento de Viloria.
Chegamos e non dou mais tempo que decir:
Joder Oscariño, como vai esta xente !!
Ainda non sabiamos o que nos esperaba.
Saimos xuntos en pelotón, pero o noso sitio era a cola, co gancho, e entramos nun plano de dez quilómetros, e dando caña, quedamonos un grupo. Oscar, eu e un rapaz, facemos relevos, a verdade que divertidísimo, dandoo todo, o garmin marcaba casi os 40 km/h, e ainda asi non dabamos chegado, que digo chegado, escapabanse e non había mais.
Chegamos o último reagrupamento Congosto, e ali temos un campiño e un bo servizo de repostaxe, frutas, líquidos e gominolas.
Quédanos o muro de Hule, e baixar ata Ponferrada para seguir ata Molinaseca, e despois subir ata El Acebo
O muro de Hule, era menos ou esa sensación tivemos, do que falaban, intensa pero curta, a min doume para chocar a man cun neno pequeno, e unha vez arriba, unha baixada espectacular ata Ponferrada.
Xa levamos 55 km, o pasar por Molinaseca, e seguimos, o noso obxectio, dez quilómetros para arriba e chegar El Acebo.
o que di o garmin, que nos espera por diante..
El Acebo
e despois de chegar, había que baixar, outros dez quilómetros para abaixo rápidos e frios. Tiñamos unha idea, que era bañarnos na piscina o acabar, pero o frío o entrar en meta non aconsellaba tal cousa, xa teremos tempo de facer unha xoanoscarada de auga para finais de ano.
Na meta
Ducha quente, e que mellor para entrar en calor tamen por dentro que unha cunca de sopa de allo
e para comer.
"madre no hay mas que una"
medalla non deron, pero nos levamos o noso medallón.
Grazas a todala xente de Molinaseca e en especial a Arantxa que é unha magnifica anfitriona,
quédanos pendiente ese baño na piscina, e unha subida en bici ó Morredero e a Cruz de Ferro, pero eso xa sera outra aventura
No hay comentarios:
Publicar un comentario