Pois xa esta na casa, e o que costou...
Esta maratón empezou en Agosto do 24, un ano e medio para facela despois do intento fallido do ano pasado por culpa do tempo e da DANA de Valencia. Este ano estaba indo todo como era debido ata principios de semana, cando as previsións era de moito frio e neve o que voltou a despertar as pantasmas pero ainda tivemos sorte.
Asi como o ano pasado tiña unha obsesión co tempo e baixar das tres horas e media, este ano foi todo o contrario, o único obxectivo era acabala e voltar para casa ca chapa e o reto das cinco grandes feito. Eso tamén da tranquilidade e quítaste un peso de enriba, unha cousa menos e un xeito mais para gozar da fin de semana en San Sebastian, ainda asi, tampouco era que viñera a camiñar, hai que ter respecto a maratón e cando se vai, hai que correr.
A semana pasada fixera o test gavela e como era previsible, non somos novos nesto de correr e coñecemos o corpo, saiu como toca para correr a uns 5:00, e ainda que dixen que iria un pouco mais amodo, o final deixeime levar.
O día do Gavela no meu patio de recreo
Este vez, e despois da experiencia do ano pasado collín un hotel no centro de San Sebastian, moi recomendable Hotel Parma, pequeno, coqueto e cerca de todo, o que da unha enorme ventaxa para pasear e gozar da ciudade. Eu queria ir a comer a Francia o sabado, pero decidimos non mover o coche e estar tranquilos, eso si, gozamos da gastronomia local.
Algún exemplo.
chegamos o venres e cun frio tremendo, pasamos da primavera o inverno en dez horas. Paseito, e empezar a vivir a maratón e o 10k, que Uxia tamen vai a disfrutar da súa carreira.
Bo descanso e a feira do corredor, das grandes a mais pequena e que se pasa enseguida, nós o noso, coller dorsais, almorzo activación e paseo.
Con Jesus, compañeiro de NSL
E chegou o dia que levaba esperando un ano, descansado e con ganas de acabar, imos para a saida. Uxia arranca as 8:15, eu as 9:00, saimos do hotel cruzando os dedos para ver o tempo que ia, pero moi ben, ainda que levaba manguitos, casi podiamos estar sen eles.
Uxia, preparada para a súa carreira.
Como tiña tempo ainda fun a vela un pouco polo circuito, moi ben a súa carreira, facendo incluso o segundo 5k mais rápido que o primeiro.
E eu diríxome o meu caixon, dos das 3:30 a 3:45, recibo bastantes mensaxes de ánimo o que da alegría e empezo a centrarme, imos a poñernos serios
Falara bastantes veces con Oscar Nogueira do ritmo o que pretendia ir, que era basicamente ir moi cómodo e chegar a meta, pero claro, poñenche o caramelo o lado, e eu que sou de mecha corta, digo:
- Pois veña, xa que temos o globo de 3:30 o lado, vou con eles ata donde chegue.
E despois de sair un par de caixóns, dannos paso a nós, eses nervios previos, que non podes remediar, unha conta atrás e arrancamos.
Primeiros metros como sempre, buscando sitio, pero teño que decir, que en trescentos metros, xa tiña o meu sitio, como e a darlle.
Vou detras do globo de 3:30 e vou tranquilo, primeira media maratón sen problemas, ciruito cómodo, pasamos por Anoeta, por o lado de meta e vexo a Uxia que esta animando, ela xa acabou, tocalle descansar.
Empezamos a segunda parte, por animacion non sera, en moitos tramos imos por un pasillo humano, que ata tes dificultades para avanzar
Anoeta (dos sitios mais tranquilos de toda a carreira )
Seguimos ben ata o 30...
No 30, cando nos encamiñamos por terceira vez cara o Estadio de Anoeta, ainda que pareza que non, aqui xa imos costa arriba, e empeza a costarme seguir o ritmo, teño claro o meu plantexamento, non vou facer por seguir e que me de o do mazo no 35, asi que simplemente dígome,
- levanta o pé, queda un extensivo e chegar a meta, Carliños!
e asi o fixen, subo un pouco, ata o trinta e cinco, ali tomo un xel, o último que tomei casi me atraganto, asi que bromas as xustas e mentras o vou tomando moi moi tranquilo que non hai prisa levanto mais o pé, hidratome e xa esta, queda unha ria, 7 km e voltamos, nótase que baixamos e cada paso, un paso menos..
listo!, vexo a Uxia antes de cruzar meta, chocamos mans, e vou polo premio das cinco grandes, hoxe eramos 150 persoas as que acababamos o reto e en total, so hai 400 que teñen este brazalete, un orgullo que haberá que lucilo de vez en cando.
Pois xa estaria, unha volta a España,
Valencia 3:33:58
Barcelona 3:36:55
Madrid 3:51:29
Sevilla 3:38:30
San Sebastian 3:38:12
e a próxima con Fran, será a primeira internacional.
Roma esperanos, amigo
Que grande!!!
ResponderEliminargrazas
EliminarMuy buena, y tiempazos que ya le gustarian a muchos 💪💪💪
ResponderEliminargrazas
ResponderEliminarYa solo de intentarlo me cansa.... inmenso! 🫵🏻🏅..... Josekobe.... jejeje
ResponderEliminar