miércoles, 14 de enero de 2026

lego IronMan Mark3 Collectors´ Edition

 So podo decir unha cousa

Tremendo



Este set tardou en chegar, desde o primeiro dia que se anunciou sabia que tiña que estar na miña colección, pero unha parte do proceso é saber esperar. Comprado a finais de novembro, non saia a venta ata o dia 1 de xaneiro, e cos festivos polo medio, chegou a casa xa pasado Reis, non importa, é o meu agasallo de nadal igualmente.

Como non podia ser doutro xeito, chegou a casa, xusto cando marchaba para traballar. 

Outro día mais de espera !

O voltar de traballar, empezamos o proceso, que bonitos son os primeiros pasos ! Abrir, ver todo o que ven, e como empezas a planificar. Este set é grande, tanto que me obriga a cambiar a estanteria donde teño a colección, a ver se responde as espectativas!




Minifigura de Ironman, exclusiva de este set.
Seguimos, que os Legos son como o rascar, todo é empezar.

As veces as instruccións son claras, hai que escoitar o clic para que encaixe, neste set, é importante, porque o ser alto, necesita unha boa conexión para aguantarse ben.



Torso e cadeira, xa é mais grande que o Ironman Mark 43, que me caera no nadal do 23, e xa me esta parecendo impresionante o que vexo e o que espero que quede.



Conectados



As veces fago cousas como non seguir a orden, e sobretodo ca presbicia, tamén traballo segundo a luz natural e o tempo que teño evidentemente, como casi todos sodes coñecedores do meu daltonismo, entre eso e o outro, complícaseme traballar según que partes, asi que saltei as pernas e fun a base e os pes do ironman, e mentras estabamos atentos a unha peli, tamén ian caendo pezas.




As pernas complicaronseme, non entendia porque non estaban ben, ata que me din conta que a esquerda estaba a dereita, e a dereita a esquerda... en fin, eso xa non é problema do daltonismo se non de non fixarse 
Isto xa é outra cousa !


Empeza  a coller xeito e cada vez gustame mais.

Antebrazo

Todo encaixa, todo vai collendo o seu punto, e xa non podo parar...

Último sobre, a cabeza, que tamen me dou traballo, por unha conexión que non estaba clara, pero como di a canción, un pasito pa´lante e un pasito pa´tras, vai saindo


E por fin... a min encantame, vale cada euro que vale, e tera un lugar destacado na miña colección de Legos.





No hay comentarios:

Publicar un comentario