martes, 24 de marzo de 2026

Chi va piano, va sano e va lontano.

 Que bonito


 

Esta película empezou fai un ano. Estaba buscando unha maratón internacional, teño unhas cantas na cabeza para facer, apareceu Roma e falando con Fran xuntouse "a fame cas ghanas de comer", e abriusenos os ollos os dous. 

-Imos?

E o día que abren a inscripción, apuntados... agora toca intendencia.

Fran ocupase de coller os voos, eu do hotel. Como en Madrid falamos de ir o futbol, hai que poñer no curriculum o Estadio Olimpico pero hai que esperar o verán para saber quen xoga esa fin de semana na ciudade, o calendario da un Roma-Lecce, tomo partido (sempre polo pequeno) e desde ese día son do Lecce e xa seguimos a clasificación, ata fai dúas semanas non sabiamos se poderiamos ir, pero poñen horario perfecto para nós asi que sen dudar compramos entradas. 

Todo vai saíndo como se espera

Despois da maratón de San Sebastian donde acabei o reto das cinco grandes, esta maratón estaba prevista como un paseo por Roma. Gardando sempre o respecto a distancia e querendo facelo ben, pero sen mais pretensións que disfrutalo, pero este Nadal foi un pouco raro, e grazas a Javi e as súas mitocondrias, cambio o parámetro de adestramento. Non costou moito pero se sempre fas o mesmo non se pode esperar distintos resultados, e un tempo que xa tiña descartado na cabeza volve a estar presente e xa que estamos, imos a intentalo!.

Moitas tiradas en solitario e moitas molladuras.  Grazas os amigos que acompañan ainda que sexa tramos, Oscar, Ruben, Fran, Diana, e todolos compañeiros de Nosportlimit, e grazas tamen os que non estan pero si. Todo axuda e todo suma.

Chegamos en forma, e imos para Roma...

empezar a viaxe con esta mensaxe, da gusto

 Madrugamos e ir a Madrid e coller outro avión a Roma, o día é perfecto.



 

Madrid...


 

Roma



 Chegamos, deixamos as maletas na habitación e marchamos para a feira de corredor.








A bolsa de corredor, mochila e bastantes cousiñas.

Pero non vimos a Roma so a correr, tamen hai que facer a carga de hidratos correspondiente 




 

un detalle do hotel.. porta pequena..

Sabado.

Despois de descansar ben, almorzar como se debe, pois toca ir a facer a activación, unha voltiña por Roma, Coliseum, Fonta de Trevi, Pantheon, 


 





había que beber nas famosas "nasoni", moi boa a auga e fresquiña


 

e despois de facer a activación, o dia estaba para pasear, e dar unha voltiña, pero tendo en conta que o dia seguente iamos a correr unha maraton, asi que tamen descanso que todo suma. 

 

 

 

Menudo gol nos meteron con esto, pero que rico estaba...





 

Detalle, os nomes da xente no portal.

Descanso,e despois de ver gañar a Poggacar a Milan-San Remo quero ir a unha gelateria, o único mimo que me deixou Fran,  


 Cena pre-maraton. e para casiña, que mañan temos festa. Fran ainda estivo pendiente do Depor, eu xa desconectei.





Domingo
Despertamos as 5:45, había que baixar a almorzar e seguir todo o proceso dun día tan especial,  eu xa o empezo cun sorriso, mensaxes que me alegran e seguimos.

 

 
Preparamonos con calma e baixamos para o Coliseum


 


Conseguirei seguir a esos globos?, imos a intentalo, ca axuda de Fran, e co novo estilo de adestramento, síntome seguro. Os dous test que me fixen, en Viana e A Coruña, dan que si, pero cada maratón é un mundo, e despois de seis no curriculum, sigo afrontando a liña de saida con moito respecto.

 

unha cousa que nos dimos conta despois na carreira, equivocamonos de caixon, saimos casi quince minutos mais tarde do previsto, e os globos, pensamos que habia para os mesmos ritmos en diferentes caixons, porque se non, tiñan un batiburrillo que non era normal, menos mal que eu tiña a Fran, que se eu son "mecha corta", el vai a ser a partir de agora, "metronomo"
 

Sexa como sexa, empezamos a carreira, e o perfil que temos na cabeza.

en canto te pos a correr, eses picos non san tan picos...

Cabeciña e xeito.

empeza a carreira e adiantamos a moita xente, 35000 persoas e iniciar nun caixon que non te corresponde é un problema. Temos que facer moito zigzag, vamos controlando e mirando por nós, buscando o espazo no que podemos correr, pouco a pouco e despois de un par de quilómetros xa se pode decir que temos cancha, e ainda que vai a ser unha constante toda a carreira o de adiantar  outros corredores.


 

O globo de 3:30 vai por diante, pero como na saida adiantouse moito, sabemos que imos en bo tempo, e marcando o ritmo Fran, non hai problema. O garmin e as marcas de km, cando vas facendo curvas, é relativo, pero o punto que marca a organización e o tempo no reloxo non ten fallo, e imos a un ritmo perfecto. Pasamos polo km5 en 24:41 a 4:56, clavado, e Fran lembrame, hai que comer e beber, dan un carton de auga.


 

seguimos, podemos falar, sobretodo avisamos do cambio de asfalto a empedrado, ou avisar de algun bache, pero tampouco hai moito mais que contar e hai que gardar das risas pas choras, que posiblemente viran.



 

 

km 10 49:19 a 4:55, seguimos mallados, as pernas ben, alimentacion, 

imos a chegar a km 13, cambiamos de pais...

Vaticano




 

 e xa chegamos o km 15

Seguimos o ritmo que se quer, e mesmo imos un pouco por diante. 1:13:50 a 4:55

Comemos e bebemos como se debe, e engado unha pastilla de sal.

Antes de chegar a media maraton, entramos nun estreitamento e o espazo queda o minimo, o que vai detras miña dame unha patada, e casi esfuciño, non pasou nada, aqui todos estamos o mesmo, miramonos un sorriso, unha disculpa, e seguimos.

Media maraton, 1:44:28 a 4:58. 

Aqui teño que saltarme un xel, o estomago, estame bailando, e teño medo que me sinta mal se tomo, asi que decido, que lle vou dar un descando e a ver que pasa, crucemos os dedos, e que non pase nada.

km 25 2:03:34 a 4:56, seguimos perfectos, o estómago admite outra vez comida, e o corpo non ten dudas.

Pasamos por diante do Estadio Olimpico, pola tarde temos unha cita, pero agora estamos a outra cousa.

Unha parte fea do percorrido, moi descampado pero cruzamos unha ponte e volvemos a ver xente e xa empezamos a facer números, de frecuencia cardiaca, 150, de pernas non hai duda.

km 30 2:28:56 a 4:57 . Din que a maraton, é unha carreira que os trinta primeiros quilómetros corrense cas pernas, e os seguintes dez ca cabeza, imos por eles.

Fran coidame, esta pendiente, tomo outra pastilla de sal, e eu estou tranquilo, imos ben, e mesmo un pouco rápido, temos marxe. Imos un minuto por diante do tempo marcado, pero non hai malas sensacions. Lembrome de San Sebastian donde a estas alturas, perdin enerxia, pero hoxe todo sigue igual, esas mitocondrias terán algo que ver? 

km 35 2:52:22 a 4:55, quédame unha ria, o me patio de recreo, aqui si que empezo a facer contas. Seguimos con ritmo, e a única molestia da carreira, nunha baixada a un tunel, os cuadriceps din que a donde vou... pero menos mal que pasa, e volvemos a normalidade, non se baixa o ritmo, e cada paso, é un paso menos para ese ansiado obxectivo. Imos moi ben, Fran, estamos para baixar do 3:30, donde vai a quedar a miña MMP de Valencia de 3:33 ?. Pero a maraton, hai que terlle respecto, e non nos podemos vir arriba, asi que sentidiño, que ainda falta moito. 

km 40 3:17:35 a 4:56 , Despois de eses dez quilómetros que se corren ca cabeza, quedan dous que se corren co corazón e 195 metros con lágrimas nos ollos. Xa esta feito, non quero correr mais rápido, non quero baixar o ritmo, teño esa marca da cabeza, casi conseguida. Agora non pisar mal, non facer nada raro.

Xiramos a dereita e vemos de novo o Coliseum, pasamos a marca do km 41, e doulle un choque da mans a Fran, queda nada, miro para outro lado, porque os ollos empezan a empañarse, unha chea de emocións, sete anos desde a miña primeira maraton, e sete maratons despois vou a conseguir o tempo que levo buscando

primeira media 1:44:28

segunda media 1:44:09 

Meta 3:28:37 a 4:56 

Fran, eres un crack




 

e para celebralo, pasta en outro momento... agora toca proteinas.


 

ducha, e a festa continua, toca ir o Estadio olimpico a ver o Roma - Lecce 







 queriamos ver o metro de Roma... xa non tocaba camiñar mais.


 

e o luns, volta a casiña, aeroporto, Madrid, A Coruña


hai que hidratarse

despegamos, e despedimonos de Italia...


Adeus italia
 

Unha fin de semana para enmarcar.

As séptima medalla de maratons na casa.



4 comentarios:

  1. ¡¡ Enhorabuena !!
    Excelente experiencia, inmejorable crónica y sobre todo MMP.
    Me alegro mucho por ti. Consigues todos los objetivos que te propones.
    Eres un crack. Te admiro.

    ResponderEliminar
  2. Noraboa compi. Unha mais pa a saca.👏E por riba con lebre de luxo 💪

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. grazas, traballóuse e fíxose, en compañia todo é mais doado.

      Eliminar