Un nivel desbloqueado
Esta historia naceu fai un ano e non estaba prevista. No 5 km de Coruña e acompañando a Oscar e Fran, eu que son me mecha corta, quenteime a cabeza e vendoos desde San Amaro, cruzar o dique e ir o Parrote, dixen:
-para o ano que ven fagoa con vós!
e cando digo algo, fagoo.
Asi que nadando, unha cousa que non me gusta, pois empecei a prepararme física e mentalmente e cando se marca o calendario de carreiras non aparece, preguntando o compañeiro Touriñan, explícame que non se fai todolos anos e xa sen solución de continuidade, buscamos outra proba de similares caracteristicas. Atopamos a volta a Illa de Tambo, e a única duda era se apuntarse o 6 km, menos mal que Oscar dixo que o 4,5 km chegabanos e a esa nos apuntamos.
Xa esta, apuntado!, todo o ano sacando forzas e ganas de donde non había, imos sumando metros de natación, o obxectivo era ir habitualmente a piscina e non deixarse ir e asi foi, chegamos a data con mais de 50 km nadados o que para min é unha autentica barbaridade co pouco que me gusta nadar.
Nervios e ganas a partes iguais, os dous últimos meses faltoume mar, por circunstancias non coincidian horarios cos compañeiros e o que non fago e tirarme so co neopreno (noteino na proba) asi que fixen moita piscina.
Chegou o dia e ala imos Uxia mais eu para Combarro, día espectacular; como a cabeza non para, eu imaxinaba a illa de Tomba mais pequena e mais lexana, o chegar e vela, como que me tranquilizou, o mesmo tempo que mentras estabamos mirando, vemos uns golfiños saltar, xusto o lado dunha das boias, eu xa penso, mi madriña,! buff....
Imos a saida a coller a bolsa, e a tomar un almorzo, vou necesitar enerxia!
e preparamonos para a saida, vai moito calor, asi que o neopreno espero a último momento para poñelo, e o mesmo tempo, bastante complicado de poñer polo sudor, e unha cousa que vou a sufrir mais adiante, o brazo dereito non me sube ben, queda axustado e o ombro vai pagar as consecuencias. A temperatura da auga, 22º en Combarro 20º na Illa
Esperando, e contestando mensaxes,
e xa co neopreno posto, fixemos unha foto e habia que pasar polo arco, para que detectara o chip, eu como sempre, de último, non quero molestar...
Dan a saida e tirámonos o mar, a marea esta baixa, asi que hai que ter conta, pero enseguida poñemonos a nadar, e sen mais, vou adiantantado a un grupiño de xente. Pasamos por unhas gamelas e xa teño sitio para nadar.
hai oito boias no percorrido, e a primeira hai que collela pola dereita, saia do porto, e xa enfilamos rectos a Illa, vese perfectamente a prai donde temos que sair para pasar un control.
o Garmin vaime marcando cada 500 metros, e o primeiro aviso, é de 10:41 penso, ben, imos tranquilos e sen sufrir, teño un grupo diante a uns quince metros, non os pillo, pero tampouco se van, e o mesmo tempo marcanme a ruta, teño un kayak a miña dereita, penso, debo ser o último e anda controlando, pero a verdade que a seguridade é moi boa, e non hai problema
Van pasando os metros, e sigo vendo a Illa enfrente, o garmin avisa, 11:10; 10:37; 10;31, xa van 2000 metros, o ritmo é bo, o achegarnos a costa, hai mais ondas, pero levanse ben. A praia esta ali, e o sair, temos un avituallamento para beber, o que se agradece, unha chica dime, perdona por tocarche nos pes, pero levasme o ritmo exacto... eu que me din conta que me tocaran pero non que levaba na ninguen detrás ( o meu control na auga).
De todolos xeitos, xa esta a mitade feito, agora toca voltar... na charla técnica dixeron, o voltar, guiadevos por un edificio bermello para enfilar Combarro ( eu daltónico de pro) pois penso, irei mirando donde van os de diante e seguilos....
e seguimos, de vez en cando miro e vexo un grupiño de boias diante e kayack polo lados, asi que vou tranquilo, 11:39 márcame e penso, esta ben!, que saindo a praia pois non perdemos moito. O mesmo tempo pasanme un par de nadadores do 6k, e poñome a pes, para que me leven o grupo, non aguanto moito pero mentalmente gustoume cambiar o chip.
Voltamos ó noso ritmo 10:43, para chegar o 3000. Sigo e paso un tramo que o ombro empeza a protestar, teño ganas de parar e subir o neopreno, aqui noto a falta de natación no mar e co neopreno, pero tamen me digo, tira padiante Carliños que agora non é momento de visualizar nada negativo, asi que en un acto de sobrada pola miña parte, xirome e nado de espalda, para mirar atrás e ver unha boa cantidade de nadadores que veñen pola popa, non o sei, non teño probas, pero tampouco dudas qeu esbocei un sorriso, e volvin a nadar xa pensando na chegada. 11:11 e van 3,5 km. Xa visualizo o espigón e a boia na que temos que xirar para enfilar e o mesmo tempo doume conta que paso a maior distancia que nadei ata agora, os 3800 do home de ferro, quedan atrás e cada brazada é un record persoal. Penso na Xoancarla que vira éste verán en Camariñas, pero ese é outro conto, agora xa vexo o xiro de 90º a esquerda e enfilar a recta para meta 11:25, noto que xa me vai chegando e que a cabeza non para, asi que centrate, derradeiro esforzo e meta, Imos!!
9:52 o último tramo xa tiña ganas de tocar terra.
4,5 km en 1:38 tempo oficial. 34 de 48 en homes para min espectacular
Non hai medalla pero si un detalliño.
e que ganas de hidratarse
Despois de hidratarse e comer, damos un paseo por Combarro, precioso.
e como o merecemos, cae un recovery premium
quedounos un pouco de ganas de praia, pois xa que estamos...
Unha vez lin a frase "Fai o que che da medo, ata que deixe de darche medo" asi que o mellor para o ano, tirome polo 6 km, pero para eso terei que poñerlle un chip especial na cabeza, agora xa cambio o modo, e imos polos seguintes retos, que non paramos.!
No hay comentarios:
Publicar un comentario