I triatlón Olímpico de As Pontes, divertido para pasar unha maña de domingo
Este era un triatlon para facer en compañia pero por distintos motivos o final fun eu so, un olímpico na casa é un agasallo que non hai que desperdiciar, e mais cando vas ca intencion de gozar, non caer e chegar a meta. Agora mesmo teño outros obxectivos na cabeza que me estimulan mais, e o adestramento de triatlon teñoo un pouco abandonado, asi que sen mais expectactivas facemos o de sempre, primeiro preparar o material e supervisión de foto, grazas a Fran que me di que meta o chip..listoUxia ata o domingo pola mañan non tiña claro se viña ou non, daban chuvia e parecía que non ia acompañar pero as sete da mañan, cando estaba preparado para marchar, dime,
-ainda me da tempo?,
-claro que si!
Chegamos o Lago das Pontes e tiña unha extraña sensación, a última vez que estiven foi o día do Homedeferro, non volvera e hoxe para facer un Olimpico tiña nostalxia
Bici colocada e transición preparada, todo listo, imos a buscar a Diana e ver sair a Josie, que el fai a MD e saen un pouco antes
ala van os da MD, eu ainda teño unha horiña, e moita xente a que ver e con quen falar
aqui estou eu, ca tranquilidade do que non compite contra ninguen.
preparados
e sen pretendelo empezamos a natación, como sempre saio detrás, evitas moitos problemas e algun que outro golpe que non axuda nada. Noto os quilómetros nadados este ano, e adianto a tres e métome a pes dun par que xa van o meu ritmo , e sen darme conta xa estamos de volta para a praia, hai que facer dúas voltas, sair e voltar a tirarse ó lago para repetir, o sair da auga miro a esquerda e vexo unha boa fila de nadadores que van detras, os que van diante non os miro!, quédame moito para ir con eles, quizas nunca o consiga pero xa estou donde quero, e cando a cabeza non quer é moi dificil que o corpo diga que si.
De todolos xeitos, na segunda volta ainda teño ganas penso nun obxectivo que me da moito respecto e que o teño clavado na mente, volta a Illa de Tambo, asi que tira Carliños e sacamos a natación de diante.
Tempos oficiais, nunca fixera por debaixo de 2:00 un 1500, e o que mais me gustou foi que tiña mais, vouno necesitar, pero cando o vin non puden evitar esbozar unha sonrisa
Unha vez que me quito o neopreno o resto é festa, esta vez a transión foi mellor que en Vimianzo, saimos e saio cun bo grupo. Subir do Lago o circuito.
arrancamos con ganas, sen drafting, pero sen deixar que se vaian...e subimos o circuito, acortado con respecto o Triman, o que fai que a parte mais fea teñamola que facer dúas veces. Hai que sair de As Pontes, subir e baixar, circuito perigroso con auga, e choveu!, na última baixada estiven a piques de irme recto, tiven un problema cos neumaticos, desde que volvin de Sabiñanigo non mirei a presión, e tiñaos moi baixos, penalizoume pero o meu medo era pinchar ou ainda peor, caer.Grande Diana, sempre animando!
empezamos a carreira, o Olimpico fai que o 10 k final sexa unha carreira normal e cando o obxectivo é facer un extensivo tranquilo, pois adiante.
que nunca falte un recovery , e hai que decir que estaban ben ricos estes bollitos de carne e salsa, caeron tres..
pois outro Olímpico para o curriculum, moitas lembranzas do Triman, e moi boa compañia.























.jpg)





No hay comentarios:
Publicar un comentario