lunes, 10 de agosto de 2026

Ancares Cycling Marathon 26

 Moi dura, pero quen quer ir se fose doado


  

 Non era o mellor dia do calendario para facer unha marcha ciclista, o dia antes, que digo dia!, un par de horas antes estabamos celebrando un casamento pero cando hai un dorsal.

 Xa se durmirá cando voltemos a casa...


 e as cinco da mañan vou buscar a Diana, Josei ia con outro compañeiro, e arrancamos para Pedrafita

Cansado pero con ganas de facela imos como diria a miña compañeira Sandra, como "raios" pola autovía.

 Facia un par de meses fixemos o percorrido e xa sabiamos o que nos esperaba. O estomago cheo e o tempo previsto, algo de nubes.

Chegamos con tempo e cando recollemos os dorsais, vexo que hai un baño libre fun e saqueime un peso de enriba, sabia que unha vez que me puxera a andar en bici ia ter que parar asi que ir co traballo feito foi un plus. Tiña pensado ir co maillot do Lidl, pero encantounos co que nos agasallaron a organizacion, asi que ainda que unha maxima é non estrenar nada o día da competición, Diana mais eu imos de equipo o final moitos pensaron o mesmo que nós, a verdade que un éxito de maillot.

e outros detalles da organización, seguro que se empregan rápido

 
 e unha vez aparcados en Cebreiro, preparamonos para ir a saida.





Todo a cero..  altura 1293 primeiro baixar e despois toca subir.

 


 Arrancamos as nove. Primeiro a parte baixada de Cebreiro a Pedrafita, e seguimos pola N VI ollo, tráfico compartido e tiñamos obligación de ir polo carril dereito e moita tensión, non estou acostumbrado a ir con tanta xente que non controlas e Diana que baixando non se controla como me despiste un segundo, xa a teño a 50 metros diante... 

chegamos o km 20 en pouco tempo, separación de rutas e nos a curta que xa nos vai a chegar,

 85 km e 1900 metros positivos.

 

Viñan tamen grupeta de familiares de Diana e imos xuntos a primeira parte da ruta. Unha parte da ruta preciosa e amable, pero van pasando os quilómetros e ainda que nós xa sabemos o que nos espera por diante, os compañeiros danse conta facendo números, que imos chegar ó km 50 e levamos +300 metros, ¿como van ser os úlmos 35 se nos faltan 1500?








Chegamos a subida do Mirador de Ancares, unhas zetas temibles e o mesmo tempo o telas subidas con antelación sabendo o que nos espera, subense con outro ánimo, xa o fixen ! e ata arriba sen parar, arriba teremos o primeiro avituallamento.

O castelo, antes de empezar  velo arriba e pensas, que alto!, cando o ves desde arriba, pensas... canto levamos subido?

Detalle dos lugareños, un arco donde tiñan un aspersor, pasar por abaixo, refresca e nótase

Chegamos arriba e temos un avituallamento,


 

 despois toca volver a baixar para enlazar co inicio de 

Alto do Circo 10 km e +706, pendiente media 4,7 %, un pouco mais desnivel o principio e despois entre o sol e o quilometraxe faise duro.  

No medio da subida, empeza a pasar coches da organización, e un Guardia Civil dime, ven detrás a cabeza de carreira da longa, apártome á dereita e cando me pasa anímolle, como van! despois foron pasando mais corredores nótase simplemente polo son que fan esas bicicletas, en canto escoitas , apartas e animas. non hai mais que facer que aplaudir metalmente e eu seguir dando pedales.

chegando arriba pásame un compañeiro, e dime vouche a dar un relevo, levo 45 minutos a tua roda e eu nin me enterara, pasoume o mesmo na Illa de Tambo, teño que estar mais atento o que pasa as miñas costas, porque o de diante si...

chegamos arriba, km 70, fago numero e faltan 15. Teóricamente imos a polo segundo avituallamento.

En este punto o ano pasado habia un posto de avituallamento pero este ano, so habia xente animando... e queda un bo repecho, e despois a subida ó alto de Augarrubias para encarar a baixada cara Pedrafita. Aqui pasame Josie, que me anima e eu digolle que na seguinte costa colle a Diana.. xa nos os verei ata meta.

Aqui xa me quedei solo, vou a chegar, pero non lle aguanto o ritmo a Diana, e tampouco quero retrasala, asi que poño o modo supervivencia, penso, un so avituallamento, (pouco me parece) , e vou subindo o meu ritmo, pouco a pouco, chego o alto, e ali vexo un posto, carambas, a dez de meta poñen un avituallamento... non sei, pero gustoume mais a posicion do ano pasado, era como un descanso antes de encarar a subida a Augarrubias, pero bueno, chegamos, doulle un vaso de cocacola, e un moito de sandia e melon... non apetece outra cousa co calor que vai.

queda baixar a Pedrafita, e subir, como se nota esa subidiña a Cebreiro o final, e chegar a meta.


Na meta, un pouco de pasta e un moito de natillas... algunha repetiu :)




Imos a ducharnos, pero din, aqui so hai auga fria, bañarse no rio ou aqui é o mesmo, os que me coñecen, saben que para min o da ducharme en auga fria é un sacrilexio, asi que esperando a Diana e Josie sécome debiaxo dunha arbore cambiome e un pouco de comunicación cos da casa e amigos


 Datos


Habera que buscarlle un sitio a este trofeo, de momento quédase cas do ano... 


 


 

2 comentarios:

  1. Que bo resumo! Gracias polas fotos Xan Carlos, pola compañía e a motivación extra de sermos mais!! Ate a próxima! A ver se vides habendo durmido

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. moitas grazas pola compañia, un autentico placer facer quilómetros asi.

      Eliminar