lunes, 14 de septiembre de 2026

Media Maraton e fin de semana en Oporto

 A idea era ir a correr, a verdade foi unha gran fin de semana.


 

 Saimos para Oporto o sabado cedo, e o primeiro que facemos é poñer no navegador ir a ver o estadio do Dragao, e sen sabelo, xusto o lado esta a feira do corredor.

 

como estabamos xa a 30º, pois a tomar algo fresco para arrancar e ir a coller os dorsais.

 

Dorsais collidos

camiseta
e a pasear por Oporto, intentamos ir pola sombra...



hai que refrixerarse


 


e deixamos as bolsas na casa para estar a tarde tranquilos. Detalle do portal, lembroume os buzons en Roma, son curiosos...


 con todo listo, imos a dar un paseo polo rio.

Monumento as Carquejeiras, despois investigando resulta que subian unha madeira especial para os fornos de pan, queda pendiente para subir en bici... 







Paseo en barco mirando as seis pontes do río, a verdade, que se agradeceu estar un pouco sentado, e o fresco do rio.





Non podia fallar a carga de hidratos que mañan corremos


 



Teño que decir que eu intento portarme ben, pero que me levan polo mal camiño e que me deixo levar con facilidade....





 e xa de volta a casa, que hai que madrugar, aqui adiantan cas luces ós de Vigo...


 e chegou o día da carreira, imos facer a Media Maraton,

 Sandra mais eu, 

chegamos a saida e xa nos preparamos, un pouco de quentamento, un pouco de nervios, pero aqui estamos a facer un extensivo suave de domingo, imos saltar os deberes e a disfrutar da carreira.






Hai moita xente e hai que adaptarse, despois de falalo, imos a ir a ritmo constante ata o 16 e despois xa apretaremos, esa é a idea.

Saida e como sempre, podes correr o que te deixan, e hai que adaptarse os primeiros quilómetros ata que vas collendo sitio. Teño que decir que practicamente toda a carreira estivemos rodeados de xente e tivemos que facer moito zig-zag para ir adiantando


 



Cando iamos a entrar no km 8 xa nos cruzamos cos primeiros que ian de volta. Nós ainda tiñamos de cruzar a ponte de Luis I, e ir a Vilanova de Gaia, 

unha cousa que nos pasou o cruzar a ponte, increibe como o paso de corredores fai que a ponte rebote, a primeira impresion, foi , "Ostras pasame algo nas pernas!" que noto rato, ata que me din conta que era a ponte.




 

 Tivemos dous momentos de crisis, un de non me deixes e outro de vaite e fai a tua carreira, pero tiña claro que saimos xuntos e chegamos xuntos. Na maraton xa traballara a cabeza, pero hoxe ia de liebre, e ia tirar de Sandra.

o final ainda apretamos e fixemos un bo remate de carreira, eso si, o empedrado e esa curva cando pensabas que entrabas en meta, daba un pouco de choff, ainda que no fondo dislumbraras o arco de meta, faciase longo!.


 chegamos cun tempo moi decoroso, e cunha carreira moi ben xestionada


 e despois de meta, unha medalla preciosa, hai quen pensa que non, pero para gustos colores que diria un daltónico.

Enorme Sandriña, en Lisboa valo facer de cine.. 

medalla e dorsal, a miña 36º e 3º en Portugal, e creo que xa teño decidido donde vou a correr a seguinte maraton...


 


Como estabamos o lado do Atlántico, pois había que mollar as pernas, estaba fresca pero nin se asomaba a temperatura de Lingünde en Camariñas, e por suposto, o de area, non me extraña que poñan alfombras na praia porque menudas pedras para camiñar...


 e despois de refrescarnos por fora, imos a buscar un sitio para tomar un recovery, o final tivemos sorte e atopamos unha terraza, donde xa comemos, e tivemos unha moi boa sobremesa.


 toca voltar para casa, pero antes parada de intendencia en Fortaleza... aqui xa voltamos a ser coidadosos ca alimentación e hidratación...

unha grande fin de semana.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario