Menuda mañan de calor pola Ribeira Sacra
O día empezou cedo, habia que ir a Lugo a buscar a Ruben e Maria, e seguiamos para Luintra donde empezaba a marcha ciclista. Chegamos con tempo, collemos dorsais, asinamos no cartel e dounos tempo a tomar un cafe antes de prepararnos para a saida
asinando...Polo menos que quede constancia de que saimos, o de voltar, xa se veria, porque a cousa presentabase dura.
Preparamonos e para a saida, un detalle importante, eu vou aprendendo e dos bos consellos tamen me quedo, asi que tal como estaba a previsión de dia, moito sol, había que poñer protección e unha alegria, ver a Laura, Javi, e compañia, tamen van a sair e practicamente fixemos a ruta xuntos.
e xa saimos para arriba, sen pensar, sen mais...
a organización di que fixemos 90km e 1700 de desnivel, e a ver o que sae o final.
empezamos eu tiña idea de ir practicamente so todo o camiño, cando falamos, digo que vou a facer cinco horas, e que tal como esta o patio, xa me dou por satisfeito.
xa pillei a Javi e Laura, sigueme faltando a miña compañeira de rodaxe, Diana, para a próxima tes que vir si ou si... e nós imos a ver se repetimos un pouco de Ancares e empezamos a ir xuntos.
o percorrido é un puro subir e baixar, non hai sitios para pedalear sen mais, pero a cambio, as paisaxes son espectaculares todo o percorrido.

e chegamos ao km 75, ultimo avituallamente, bastante excaso, un fallo da organización, porque tamen hai que darse conta, que co dia que facia, algo mais de líquido hai que ter.
aqui toca melon
Estamos todos xuntos, e xa quedan 15 km... (ou eso pensaba), arriba do porto, collemos a estrada para voltar a Lointra...
imos subindo xuntos, pero xa cas forzas xustas, eu levanto un pouco o pe, non me despego pero o obxectivo de chegar a meta é prioritario. chegamos arriba.Queda baixar, pero antes doume conta, que o que a primeira hora eran unhas risas baixando un 10%, agora toca subir ese pequeno escalon.. e curiosamente tiven un percance cunha avispa, vinna vir contra min, e chocou contra o meu casco, e caeu na perna, evidentemente a señora avispa enfurriñouse por meterme no seu camiño e fixo o que tiña que facer, picarme, e ben que me doeu, ela fixo o seu, eu o meu, manotazo e seguimos con dor, (como son as de ourense chico ) pero chegamos a meta igualmente.
hidratación, cambiarse e ir a tomar unha paella para recuperar
Chegounos a todos, e despois de 95 km, 2300 de desnivel e 35º, a verdade que a mañan foi mais que completa.
Nin tan mal, 5:33 contando as paradas, asi que moi satisfeito
Un detalle, o maillot moi chulo, pero que non haxa unha chapiña para os que a fixeron, un pouco triste por parte da organización.
pero non habia para moito mais,
imos a tomar un cafe con xeo, que toca voltar a casa...
unha mais para a curriculum, e que sigamos asi
e o chegar a casa, un mimo as pernas que veñen cousas moi interesante proximamente, aqui non se para






































Bo resumo si señor!!! Engadiria que a estrada nalguns puntos estaba rota e con moita grava para complicar mais o asunto. Non sabia o da vespa…. Espero que xa estes para outra!!! A sobrevivir !!!
ResponderEliminarGrazas, un placer e seguro que si, para a próxima mais madeira!!
EliminarQué reportaxe tan chulo e qué ben contado! Encántame! A pola seguinte e que sexa en tan boa compañía. 😊
ResponderEliminarGrazas Maria, o mesmo digo.
Eliminar