Triatlon Cross, un pouco distinto os que facemos habitualmente, pero moi divertido, o mesmo tempo que duro.
Empezamos cunha natación de 1000 metros, unha distancia cómoda, para estar desde que acabou o Triman casi sen nadar. O meu obxectivo era estar por debaixo de 25 minutos, e sobretodo sair do mar vivo... o que supón ir a 2:30, sorpresa! sain da auga a 24:10, miro o reloxo, e a primeira alegria do dia.
Agora empezaba o circuito de btt, xa o coñecia, pero non é o mesmo ir a dar unha volta que facer as catro e a ritmo, duro e tecnico, e cunha subida para rematar cada volta que te deixaba sen forzas, eu fixen unha en bici, e tres camiñando, o final considerei que era mellor, porque non penalizaba tanto na seguinte volta. Casi 30 quilómetros por camiños e monte, o final saiume 2:02:00.
unha vez que acabas a cuarta volta, tirabamos para abaixo e voltamos a facer a transición para ir a correr a Fraga do Xarío, un paque pequeno pero ben bonito, e como en trodo trail, os cambios de altura, direccions, escaleiras , outras dificultades e os quilometros que levas nas pernas faise duro.
unha vez que facias o percorrido pola fraga , volvias cara a meta, tamen esta proba costoulle 46 minutos, casi dez minutos mais do que tiña pensado, pero contento co último que rexistrou un bo 4:55 e do que quedei satisfeito, pensado claro que o adestramento que estou levando esta feito e medido para ir a Valencia o final de ano...
o final saiu en 3:17:00,
No hay comentarios:
Publicar un comentario