domingo, 24 de abril de 2022

Carreira Coruña 10 2022

Coruña 10


 

 

 A carreira da casa, pensado nos próximos retos que teño, e cun mes donde deixei de correr tanto por mor dunha dor no xeonllo, pero que visto o visto, o descanso veulle ben.

Domingo pola mañan, as previsións eran de chuvia pero o tempo foi perfecto para correr. O circuito novo, pensado para ir rápido, asi que non hai excusa, quero facer unha boa marca e o obxectivo de baixar de 45 minutos creo que é factible, pero ata que se chega a meta non se pode vender o peixe asi que, cabeza e pernas.

Quentamento, foto de grupo e para o noso caixón de saida cos compañeiros, ainda que temos tempos similares falamos, pero ainda que saimos xuntos non fixemos o da media, o de ir e chegar xuntos.

As dez arrancamos, e xa o ritmo baixa dos 4:30, como sempre a saida en masa levache e o dia axuda, e deixome levar, pasamos o Obelisco, e o garmin marca un 4:16, e miro, Fran diante, Oscar uns metros detrás, sen problema, a Fonso perdinno de vista na saida e xa non o voltei a ver ata meta. 

Unha pequena subida na Rúa Nova, e tiramos cara a glorieta dos Surfistas e 4:20, seguimos igual, ainda que creo que é a primeira vez que controlo cabeza de carreira nos cruces, como van !!! O dar a volta na glorieta imos cara Rubine, e miras a cantidade de xente que ven detrás, casi 3000 participantes asi que a riada de xente é enorme. O pouco vento ven de popa e notase, un pouco de baixada notase, no quilómetro tres 4:02. Non irei un pouco rápido pensando en seguir o grupito de NSL que teño a uns 50 metros?, rotonda de Catalines, Rubine e Plaza de Mina, cólleme o amigo Oscar, e xa tiramos xuntos, os animos de Uxia e Esther, sempre axudan.

A partir de ese punto, cambiamos de lado da cidade, deixamos Riazor e vamos cara a Casa do Mar, e entramos no porto, sigue sen gustarme nada, entendo que é unha zona tranquila para ter a xente correndo pero ainda que non foi tan duro como na media, tira bastante da cabeza. Pero antes de chegar o garmin vibra... un 3:58 no quilometro cinco, pero isto que é? que so imos na mitade e por moito que axude levar dorsal, creo que vou por enriba do que toca. Miro a frecuencia cardica, unha das miñas máximas, o tempo non importa cando a "patata" di, acouga... pero ainda que ia un pouco mais do que me gustaria, esa liña horizontal di que bastante ben.


Entramos no Porto, a zona temida, son dous quilómetros e pico que se fan eternos, pero na entrada escoito un grito de Quiñolas,  "Animo Carlos!" e cun sorriso seguimos, a ida faise dura, estou a piques de perder a roda de Oscar, pero a cabeza di que non o deixo, e sigo 4:11, 4:23 e 4:33 ata a saida do Porto, donde pasamos o quilómetro oito, parece todo costa arriba e o vento sempre en contra, pero xa pasou...

quedan dous, miro o reloxo e xa sei que vou cun tempo que me permite facer Mellor Marca Persoal, tiña que darse moi mal a cousa, pero tampouco me podo despistar.

A dar o que queda, veña que son nove minutos!! dígome, e incremento a intensidade; vexo novamente a Uxia e Esther, a un quilómetro de meta, e sigo, xa esta aí a meta... O público anima. 


 

O igual que non me gusta a parte do porto, teño que decir, que a chegada encantame, ese pasillo visualizando as cristaleras de A Coruña fai unha imaxen iconica, e lembro a miña primeira media maraton na Coruña, penso que mesmo é mais bonito que chegar a Maria Pita cando acabas a Maraton, cousas miñas...


tempos do Garmin.

con Fran, Oscar e Fonso en meta..




Tempo oficial en meta 43:53

posicion xeral 476

posición por categoria 48

No hay comentarios:

Publicar un comentario