Unha saida en bici, que aprobeitando unha mañan entre gardas e sen plantexarme esa distancia de inicio, acabou moito mellor do que pensaba
Arranco as oito e media da mañan desde Ponteceso, e saio cara Laxe, Soesto, e ai decido en vez de xirar dirección Baio, seguir cara Camariñas e despois ir a Vimianzo, para ir subindo xa pola N-550 esta vez si, a Baio. En ese punto xa estaba totalmente mollado, acompañoume xa desde primeira hora un orballo que acompañado das salpicaduras das rodas non daba mais. O pasar por Baio, xa empezo a ver os carteis que indican Ponteceso, sempre teño a opción de acortar, pero vou seguindo.
Primeiro paso Baio, despois Nanton, xa que estou ai, paso a Augalada e Coristanto, xa levo mais de 60 qm, e empeza a verse a estrada seca en tramos, imos a Carballo no 75, e volvo cara Buño, miro o reloxo, e teño tempo, asi que sigo dirección Malpica para xa dar volta no 85 e facendo a subida a Capela de San Hadrián, e vendo as Sisargas, teño os cen por primeira vez nunha soa saida en bici.
Chego a Ponteceso con forzas, unha boa toma da contacto para o que se ven...
perfil e percorrido
cheguei, non pensara cando saira que ia facer os 100 k, pero contento e a próxima con mellor tempo, quizais será un pouco mais rápido.
e o final... roupa a secar
No hay comentarios:
Publicar un comentario