Primeira edición dunha carreira que espero voltar.
A carreira sen pretensións é para pasar a mañan, unha media que sempre temos nas pernas e que como facia unha semana nin sabia dela, sen pensalo e por ser a súa primeira edición apuntéime.
Por culpa da calor e polo perfil, que ainda que tendendo cara abaixo é un clásico en calquer parte do camiño de Santiago, un sube e baixa continuo, fixose dura.
Collemos dorsal e subimos o autobus que nos leva a saida, o carón da Parroquia de Ardemil, a media é linial, e ten eses condicionantes, de que baixas do transporte e xa só te queda correr cara meta.
Compañeiros de NSL, Khene e José, na saida, preparados para o dia de calor que iamos a sufrir.
O perfil.
Hai tres subidas no dous no cinco e sobretodo a do quilómetro trece, despois de sair dun pequena zona de bosque, creo que precisaba un punto de avituallamento a maiores.
os meus tempos.
Un placer compartir mañan con estos cracks, e con Raluca, que ainda que non sae nas fotos, quedou segunda nos 10 k, impresionte e un forte aplauso.
Todos contentos e para casa
No hay comentarios:
Publicar un comentario