Facia tempo que non viña a Ribadeo, pero habia que voltar para a vixesimo primeira con dorsal.
A miña primeira media en septembro do 17, hoxe voltei e ben acompañado de compañeiros NSL. Esta vez o obxectivo era outro, a cabeza posta en San Sebastian, e aqui tocaba extensivo controlado facendo deberes, axuda moito ir con Fran, e saber que tes o ritmo marcado nas pernas, e ainda que percorrido non é o mais axeitado para eso, a paisaxe e acabar na Praia das Catedrais compensa o resto.
Arrancamos as cinco da tarde dando a volta clásica por Ribadeo, Fran, Pacho e eu, a idea é ir entre 5:00 e 5:15
O principio a xente tírase como se non quedara nada, pero despois de baixar o porto, hai que subir a altura da Ponte dos Santos, donde moitos levan a súa primeira dosis de realidade, nós o ritmo controlado a 5:18 e 5:06 os dous primeiros, e xa empezando a pasar xente.
Despois de pasar a Illa Pancha, a cousa xa se vai aclarando un pouco mais, e xa imos collendo o noso sitio, por certo, moi chulo como deixaron o camiño ata a Illa, moi bonito para correr con Asturias a tua dereita.
Proximo destino chegar a Rinlo, antes sorpresa vemos a Susana e Uxia animando
despois de pasar Rinlo, Fran mais eu collemos ritmo, basicamente mantemos o establecido e xa non subimos de 5:00, notase simplemente ese manter, e empezamos a adiantar xente. Os quilómetros van caendo e xa se aproximan as Catedrais, pasamos pola praia dos Castros e a praia de Esteiro, xa para enfilar a última subida donde o millo fai que non vexas a meta ata o final. Ultima curva e ali esta Uxia dando o último empuxón.
Ritmo perfecto, a 5:00, e subindo postos o final, e 47 de 136 na miña categoría
a medalla, sempre a comparo ca que da a C21 e non sei cal me gusta mais..
Seguimos sumando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario