lunes, 30 de septiembre de 2024

21 lunas y media

 Media maraton nocturna en Ponferrada


Unha carreira  que sirve de adestramento para o obxectivo de novembro. Desde o primeiro momento que descubrimos esta carreira que tiña boa pinta, altura, nocturna e fin de semana garantizado en terras Bercianas, non o dubidamos moito, apuntados e para Ponferrada.
 Esta última semana foi un pouco rara, Fran co que ia ir para que me marcara o ritmo e despois das Catedrais, queria subir un pouco aprobeitando o desnivel e facerme un test, pillou un virus e non poido sair, un handicap para min, necesitabao para eses quilometros en que me deixei ir, me dera un toque de atención, pero fixo o correcto. A outra pata da mesa, tamen estaba mal, queria facer o 10k, e ainda que saiu na media, fixo o seu adestramento correctamente e quedaba Dánae, que tiña as suas dúbidas, pero a campiona acabaou a súa media e con bo tempo. Uxia que nos acompañou foi a ver o castelo Templario mentras nos estabamos con todas estas cousas...
 

co tempo xusto, primeiro sairon os 10k, e despois nós


A saida espectacular, cos Templarios e os seus fachos abrindo o camiño


A carreira empeza as portas do castelo, unha volta e saimos como balas, os cinco primeiros quilómetros costa abaixo son un regalo, pero tamen fai complicado ir o ritmo previsto que no meu caso era ir a 4:50 (faltábame Fran para que me dera un tirón de orellas e me dixera, a donde vas tan rápido?)

moi bo ambiente o longo de todo o percorrido, avenidas que se subian e baixaban, daba para cruzarnos e saber donde estaba Dánae e ia moi ben.

O noso ritmo era alto e a verdade estabamos pola parte de atras do pelotón, cousa que me sorprendeu, pero tamen vin algunha persoa que atallaba por zonas prohibidas, non entendo ese xeito de facer deporte e non o entenderei nunca. Que xeito de enganarse a un mesmo!, e neste caso nin por unha medalla, o único pero que se lle pode poñer a organización, con ese nome de carreira nocturna, a verdade que teñen xogo para facer unha ben bonita que quede de lembraza.

Os quilometros van pasando, os dez Oscar, dime que continúe, el baixa o ritmo. Eu sigo pensando nos meus deberes e o obxectivo de estar sempre por debaixo de 5:00 e so en dous quilometros non o consigo, tramos duros e de costas, fan que para min sexa díficil.

Despois de pasar a parte mais oscura e con peor firme do trazado, encamiñamonos cara o parque industrial, boa iluminacion, pero baixando algunha escaleira, que ainda que estaba un voluntario sinalando, dis, buff, 

Xa nos diriximos a praza do Concello, vese a iluminación, pero antes outra avenida, de casi dous quilómetros e unha subida dura donde estaban Fran e Uxia, espererando e animando, xa casi esta !!

Falta a recta final e xa se ve a meta, obxectivo mais que cumplido.



 



Tempo final 1:41:10, pero non era o final, como lle dixen a Dánae, cando acabe a miña carreira vou a por ti e acompañoche a meta.
Como o fixo tan ben, non tiven que ir moito para atrás, animeina na última subida e na recta final, unha campiona!
 

Despois de correr xa nos fomos para Molinaseca e ali comenzou outro tipo de fin de semana, pero eso xa é outra historia...


No hay comentarios:

Publicar un comentario