lunes, 7 de octubre de 2024

Un C10 moi especial

 Un 10k especial


Empezamos a finais de abril a adestrar un par de días a semana xuntos, pouco a pouco foi subindo o nivel, e ainda que o obxectivo é outro, hai que facer carreiras con dorsal para coller experiencia. 

Que mellor que debutar na carreira da casa! 

Apuntados! xa en Setembro empezamos os adestramentos especificos para este día, e con dous test de 5 e 10 quilómetros superados con suficiencia, a min xa me daba para saber que o reto de baixar da hora estaba mais que nas pernas de Mariana, aínda que tódalas miñas certezas son dúbidas para ela.

Chegou o día debutar, quedamos as 8:45 para baixar a Coruña e ir con calma a saída, despois de moitas previsións de tempo donde daban chuvia, non e si, saimos do garaxe e non so non chove se non que vai bastante calor, Javi que foi con nós, di que na C10 nunca chove, mi madriña ainda estamos abrigados de mais para correr...

Achegámonos a meta, son das 9:30, vemos moitos compañeiros; saudos risas e bos desexos, cadaquén ten o seu obxectivo. Parece un meigallo, pero o deixar a bolsa ca roupa para recoller o acabar, empeza a chover, primeiro pouco, despois mais e mais... tanto que nos obriga a ir os soportais para estar a cuberto e polo menos non mollarse ata que empezemos a carreira...

Hai que ter paciencia e o que digo, o que se pode controlar e que esté na túa man, adiante; o que non podas controlar, pois hai que "fluir"!

Quentamos e imos para o noso caixón, o último.



Xa estamos na saida, faltan uns minutos, chove e como sempre hai emoción, para Mariana é o seu primeiro dorsal, para min é a miña primeira carreira como liebre, acórdome do amigo Khene Runner e da súa responsabilidade cando fai de globo en Vigo. Eu sei o ritmo o que teño que ir, pero o mesmo tempo quero que Mariana faga un bo tempo e quede contenta, a primeira vez pode ser marabillosa ou un puñetero desastre, a todos nos pasou de todo nas carreiras, pero a primeira que corres, sempre queda marcada na cabeza.

Chocamos puños e vou a estar pendiente de ti, sígueme e como calquer muller, ten que ter a última palabra: non me deixes subir de seis minutos en ningún quilómetro! Arranca a proba, nós pasamos por debaixo do arco de meta xa con mais dun minuto longo de tempo oficial, e cando pasamos empezamos a correr. Chove, a estrada esta mollada na Avenida da Marina, como en calquer saida e mais con moita xente, tes que ir esquivando outros corredores mais lentos ( sempre hai ) , facendo zig zag, e para poñerlle algo mais de dificultade, tamén esquivando charcos. Estou pendiente do reloxo, cando empezas é dificil marcar o ritmo, de que Mariana non se me despiste, que non vaiamos rápido nin mais lento do marcado, na praza de Mina, xa nos imos facendo un sitio e empezamos a correr a gusto. 

1 km 5:46 no garmin, na sinal da organizacion 5:51, eses zig-zag, o final suman metros... Imos ben

Mariana vai ben, e mesmo da algún acelerón para pasar a xente, parece que deixa de chover, e tamen temos mais espazo para correr, saudo a Cris, e pregúntame que fago en ese posto da carreira?, unhas risas pero hoxe estou o servizo doutra causa.

Mariana, tírate a esquerda!, que estamos en Linares Rivas hai que coller as curvas polo interior, tódolos metros suman e contan. Entre aceleróns, risas e que o perfil e favorable, aceleramos un pouco de mais, e ainda que me pregunta como imos, suavizo o dato.. a 5:45 dígolle, atende! que agora imos a ter unha subida o dar a volta na glorieta da Ronda de Outeiro..

2 km 5:34 no garmin, total 11:20 na sinal de organización 5:43... Imos ben

Damos a volta a glorieta e pasamos pola primeira alfombra oficial. km 2.4 16:12 

Damos volta e dirixímonos ó porto

3km 5:44 no garmin, total 17:04 Imos ben

 Oza e a súa longa recta, levanto un pouco o pe, para que poda recuperar pero sen deixar de pedirlle que siga igual, Vas esixida pero ben? ... asinte! 

eu vou falando e contando cousas para que vaia aprendendo, eso que xa lle teño explicado en moitos adestramentos polo noso patio de recreo, a Ria do Burgo e a senda do Mero, pero que no medio do pelotón vese moito mellor para cando corra soa, "visualiza a alguén que vaia a uns vinte metros diante, e intenta seguilo, se podes achegarte e o pasas, visualizas outro, se non, tes unha referencia..."

Oza ten ir e vir, que me da para ver a moitos compañeiros e como sempre hai un berro de cariño e ánimo. Cruzámonos con Ruben, Rinlo, Oscar, Fran,... etc etc..

4 km 5:43 no garmin, total 22:48 todo ben

xa estamos na glorieta de Oza, parece que non, pero cando entras en ela, hai unha costa, que axuda tamen a acelerar unha vez que pasas por enriba da segunda alfombra de control, km 4.3 27:01 para animala dígolle, mira a túa esquerda e observa toda a xente que ven detrás... un sorriso de satisfación pero tamen de o que queda, "ata o rabo todo é touro",  uns metros despois como non podía ser de outro xeito, imos pasar polo avituallamento, dígolle ti sigue correndo recto, que vou a coller un auga para ti... No quiero! manía ten a xente de tomar decisións cando non lle corresponde!, e mira que llo teño explicado nos adestramentos, en cada avituallamento cóllese algo, por pouco que sexa, que para eso están. O día non parece que de para ter sede, pero o teu corpo esta correndo e necesita algo para seguir... Cólloche un auga, mollas a boca e escupes se queres pero faime caso!! entre eso e que íamos cara o cinco... 

5 km 5:41 no garmin, pasamos a mitade da proba en 28:30. cartel ofical 28:59

entramos no porto, tamen a parte mais dura de cabeza, xa levamos o 50% da distancia e o corpo queiras ou non pide descansar. Doulle animos a Mariana porque sei que é duro, estamos correndo moi ben, e tódolos quilómetros por debaixo do seu ritmo extensivo, este é o momento en que a cabeza ten que mandar, e nese punto non hai quen a supere, igualala poden, pero a "intensita", mi madriña!!

eu como vou a moitas cousas, penso, ostras!,

 que imos acabar e ainda non lle saquei unha foto correndo...

polo porto

6 km 5:41 no garmin. Total 34:11 Xa empezamos a descontar Mariana


Costa, pero vemos o seguinte obxectivo, esa última glorieta donde xa visualizas o camiño cara a meta

7 km 5:45 total 39:56

o quilómetro mais duro, as pernas pesan, estas saindo do porto, pero non da acabado, levanto o pe para dar un respiro, e animo o que podo: visualiza unha ria o noso patio de recreo e xa estamos en meta, xa tes o obxectivo mais que feito, estas facendo un tempazo e xa non queda nada...

curva a dereita e saimos do porto, encamiñámonos a casa do Mar, e vemos a Oscar dando ánimos, hoxe ainda que non vou ca camiseta de NSL, grítame como sempre, veña Mira, que na meta hai sol

o tempo para min hoxe non ten mais importancia que o que faga Mariana, os meus deberes son outros.

8 km 5:49 total 45:46

outra vez en Linares Rivas pero esta vez xa respiramos meta, quince minutos para chegar Mariana, xa o tes, o obxectivo esta mais que feito, agora non imos a baixar! eu sigo cumprindo a miña labor de liebre e vou indicando por donde hai que ir.. tírate a esquerda para coller a curva polo interior e o pasala, imos a dereita que hai que aforrar metros. Estamos xa casi na praza de Ourense e imos incrementando o ritmo pouco a pouco...

9 km 5:41total 51:27 tremendo

xa queda un, vou marcando pero animan a Mariana desde o público, a sua familia, e crécese de mais, os ánimos tamen hai que saber xestionalos, pero hoxe é día de aprender e aprendemos moito os dous. Despois dese pequeno arreón antes do que tocaba, menos mal que somos champan do bo e non gaseosa, controlamos unha pequena crisis, non che deixo parar, sigue que xa se ve a meta, pasamos o Colon, e non queda mais que chegar, quero que entres cos brazos en alto, campiona!


e claro que si.. tempazo!


10 km 5:36 total 57:04 como o garmin ia un pouco adiantado...

distancia total 10.17 km...



Tempo oficial 57:57 





Parabens Mariana, o camiño non acaba nada mais que empezar, por moitos quilómetros mais!

e por suposto, unha carreira non pode acabarse sen un bo recovery e unhas risas, non podemos esquecer que para eso facemos deporte.





No hay comentarios:

Publicar un comentario