lunes, 26 de enero de 2026

Un paseo polo extranxeiro

 Unha excusa para correr e un día especial


 

Todo empezou nun recovery de verán, como casi todo o que nos ocurre cando acabamos de facer os deberes e as endorfinas estan a tope,  o falar non ten cancela e comentando cousas de Roma, resulta que o sr Nogueira solta a bomba, 

-"eu nunca sain de España",  

e o que nos pasa os galegos, 

-bueno, pero a Portugal si irias algunha vez?

- que non, nunca...

un silencio apoderouse da mesa e unha idea clara, había que solucionar eso.

Opción A, Meia Maratona Manuela Machado,   un domingo en Viana, e ademais cun recovery premium de compañia. Para que imos buscar mais?. Dito e feito, o día que abren as inscripcións, apúntome e o dorsal de Oscar vai de regalo.

Xa esta, imos a dar unha voltiña por terras portuguesas, e ademais despois da experiencia do ano pasado, sabemos que peor día non vamos a ter, asi que acerto seguro.

E chegou o dia, as oito arrancamos para Portugal, o de cambiar de hora, da un pouco de vidilla, pero menos mal que me acordei cando ia a buscar a Oscar que me quedaron as zapatillas de correr na casa, queda de camiño o coller a autopista, asi que perdemos un tempo mínimo e tiramos para Viana.

Como pasaxeiro non ten prezo , en cinco minutos xa esta durmindo, non molesta nada, e ata que estamos a tres quilometros non o molesto... 

-Sr Nogueira, que vas a entrar en outro pais!, polo menos pasa a fronteira desperto!

Decídeme a verdade os que leades esta historieta, Quen de vos ten inmortalizado o momento exacto de tocar terra extranxeira por primeira vez?


 aparcados , non chove, venta, e ca ventaxa de que xa nos teñen os dorsais pillados, imos para a saida, que Paco e Agus, xa nos estan esperando.


 

Detalles portugueses, poñen o segundo apelido, esta carreira vai dedicada a miña nai.


 O de poñer o dorsal, non é o forte de Oscar, nin imperdibles, nin imans, nin xeito..



Non  hai moito tempo para quentar, imos a saida, 3500 corredores, e nós ca idea clara, imos dividir a carreira en tres partes, eu coñezoa do ano pasado, e a primeira parte é en subida, asi que imos xestionar ata o km 8

Na saida, Agus esta a outro nivel, Oscar mais eu imos a disfrutar, e Paco, tremendo carreirón que se marcou. 

Saimos e cando pasamos polo arco de meta/saida, xa pasan dous minutos, como sempre e mais nunha carreira con tanta xente, os primeiros quilómetros adiantas moita xente, pero en esta ocasión, nós estivemos adiantanto ata chegar a meta sen parar, poucos tramos tivemos para correr sen alguen diante.




 pasamos por debaixo da ponte de tren, encántame esa ponte !

e xestionando a carreira imos ata o km 8, 


 

esa parte é subindo, despois ven unha parte en plano, con pequenos escalons, donde incrementamos o ritmo,  empezamos a ver a xente que xa baixa, en nada tocanos a nós dar a volta, km 10

 


 

para xa despois no km 14 tirar para Viana outra vez, pasando polo avituallamento pirata e acabar dando unha voltiña polo porto.


Saimos xuntos e chegamos xuntos. 
 

 Tremenda carreira Paco
 
 
A nosa non estivo mal. Ben xestionado e indo a mais


A frecuencia cardiaca, que sempre me gusta mirar
 

 Cousiñas que veñen para casa...
 

 


 e despois dunha ducha "rápida", ou rapidísima diran as malas linguas, imos a segunda parte da viaxe, o recovery indio , que si!, que en Portugal son mais de bacallau, pero o que manda, manda.














 
Marabilloso, despedimonos de Viana, e cando estamos indo para o coche, un dia estupendo, o ano pasado non se paraba ca chuvia, miramos o Santuario de Sagrada coraçao de Jesus, e dixemos.. 
-Subimos?
non fixo falta mais, ali fomos.
 












 e despois de subir o alto do santuario, e antes de arrancar co coche para casa, un cafeiño servido polo camareiro de Molinaseca.
 


 Que día tan bonito!
queda repetir para o próximo ano. 




2 comentarios: