O meu terceiro duatlon
Este ano quero participar en todo o que poda, e o Duatlon Val de Soneira, xa o arbitrei tres veces, asi que hoxe tocaba poñer dorsal.
Correr, bici e correr.
O dia empezou moi ben, compra estrella, unha oferta que non se pode rexeitar, e vai un portabicis de tres, para poder facer moitas excursións e que esperamos rentabilizar.
Chegamos para ver a Diana, a nosa rata peluda favorita.
e despois de que a amiga quedara de campiona na súa categoria, tocabanos a nos.
Control de material, deixar a bici, todo colocado e a facer tempo antes da competición, un pouco de quentamento, pouco, que caian os paxariños, e polo duatlon.
Empezamos a competición, e entre risas e retos, Oscar mais eu poñemos o obxectivo, que acabamos, en 1:25?. menos... 1:20? dificil.. veña! sorte e con tranquilidade..
empezamos atrás do grupo, e enseguida, empeza unha liña continua de corredores, primeiro km a 4:17 e xa hai distancia co peloton de corredores, nós o noso, Ruben un pouco por diante, e Oscar mais eu xuntos. O circuito hai que repetilo para cumplimentar os primeiros cinco quilómetros, cun
tempo de 22:06 a 4:28.
transición para coller a bici, 1:22.
o fallo, o entrar no circuito de bici, teño un problema ca cala da perna, e perdo uns segundos, e Oscar escapase cen metros, xa non o pillei, a pesar de facer o meu mellor segmento de bici, unha media de
30 km/h e un tempo de 37:35
transición para voltar a correr 0:55
queda unha carreira, vexo a Oscar o fondo e voulle recortando, pero non hai distancia suficiente, entro en meta detrás del septimo e octavo da nosa categoria
11:43 a 4:32
Cando entro en meta, miro o reloxo, non o podo crer, un tempo total de
1:13:41
mellor marca persoal nun duatlon, e donde vai o tempo que tiñamos como obxectivo na saida.
tendo en conta que os outros tempos que tiña marcados no duatlon de Santiago e Lugo, eran de 1:31:52 e 1:32:58 non esta nada mal.















No hay comentarios:
Publicar un comentario