lunes, 3 de agosto de 2026

Trishark Narón 26

 Un triatlon clásico, e con gran compañía.



Este verán estou intentando facer moitos triatlons, e hoxe toca Narón, o día esta chulo, e falando pola mañan dáseme por mirar o tempo que fixen no ano 24, 1:32:50 e como son mecha corta, pícome conmigo e o reto esta servido, imos a por un sub 1:30. fago números e creo que estou mellor nadando, moito mellor en bici, e correndo o nivel non baixou moito, e ainda que estou un pouco vago despois da maraton de Roma teño compañeiras que me estimulan para seguir nun par de Medias que veñen por diante para non parar.



A primeira na frente, eu mirei que empezabamos as seis, e quedei con Natalia e Alicia para ir xuntos Uxia tamen se apunta a pasar a tarde animando en Narón pero cando as recollo falando do horario era un pouco mais tarde, bueno... dara para un cafeiño antes e prepararse con tempo.

Natación. 750 metros

Falando con compañeiros de clube que debutaban, intento tranquilizalos, o mar esta un pouco picado e hai vento dabondo. Desde a costa parecia menos, pero no mar chegounos a todos.

Tiña un obxectivo en mente, despois da Illa de Tambo estou mais tranquilo, e os primeiros 500 metros ata a boia donde temos que xirar, todo vai ben, pero a volta, mi madriña, as ondas non deixan respirar, tragamos auga, e faise moi incomodo, tirome un pouco cara a costa e vou remontando, a pesar de todo eses teóricos 250 metros, que lle metin 50 mais, subiu o marcador de tempo a 18:17, 27 segundos mais que a ultima vez e un par de minutos mais do tempo previsto na miña cabeza. 

ainda que non o pareza, o que vai diante son eu.



imos pola bici

Bicicleta, 4 voltas o circuito 22 km


a única variación, foi non poñer os calcetins, facia calor, e para un sprint decidin mirar como me ia sen eles. Poño dorsal e tirome a dar o que hai, penso que este ano estou mellor na bici, moitos quilometros, e preparación para o que ven, ten que notarse, e efectivamente noto que vou mellor.



tempo na bici 45:14, para unha media de 29,6 km/h, baixo 2:45 do anterior tempo, asi que imos ben.

Carreira 5 km

transición e sigo ca idea de non poñer calcetins, hai que facer cousas diferentes de vez en cando para ver os resultados.


no circuito de carreira xa temos o ánimo dos compañeiros, aqui tamen noto a falta de correr, pero se estamos a outras cousas, non da para todo e o corpo tamen necesita descanso, xa retomaremos cando toque.

5 km 24:36 , 20 segundos mais que o obxectivo.

tempo total na meta 1:31:03, non baixei ata o obxectivo, pero baixei dous minutos do tempo de fai dous anos, asi que o final moi contento.

Con Natalia sempre é un placer facer calquer competición, adestramento e por suposto que nunca nos falten os recoverys 



Alicia, Bea e Laura, debut e podium.

Espectaculares.


Quedamos para o próximo ano...

3 comentarios: