jueves, 26 de mayo de 2022

Camiño de Santiago, Parte I. Roncesvalles - Burgos

 Camiño de Santiago



Empezamos o camiño en Roncesvalles, pero primeiro hai que chegar, e meter todo no coche foi unha boa odisea, pero conseguímolo

o camiño cara Roncesvalles tranquilo e cas paradas oportunas, non tiñamos presa e tamen é unha parte da viaxe.


 
Chegamos. Recuperamos e preparamonos para sair o dia seguinte.





Etapa 1, empezamos cedo, as ganas poden, e a mañan está fresca. Teoricamente é baixada ata Pamplona, pero mi madriña que baixada, sitios complicados e ca sensación que te podes meter un bo golpe se non andas con ollo. 




primeiro tramo, primeiro recovery, un pincho de tortilla, un clásico do camiño



 
Zonas que non son para ir en bici, a pé e punto.

 
Villava
 
Pamplona





 
como non podia ser doutro xeito, primeira caida do camiño (e por sorte a última) un intento de xiro de 180º, parado, e evidentemente, a perna que tiña que estar libre, a cala dixo que non se soltaba, caida tonta, pero todo suma...

os amigos eólicos, Alto do Perdón, unha boa subida, pero bastante peor a baixada, cheguei contracturado de tantas pedras e a tensión de que podia ir o chan en calquer momento.


 
Alto del Perdón








Perfil Roncesvalles -  Puente de la Reina

Etapa 2

Seguimos con boa marcha, despois de bastantes tramos técnicos de btt, donde bou xusto, e moita calor, arrancamos a mañan con outra etapa dura.






 
ainda queda...


 
A famosa fonte da bodega Irache, un recovery de viño caeu







 
Deixamos Navarra, e entramos en La Rioja






 
o premio de final de xornada

 
o final, cada dous dias limpiabamos a roupa, non fai falla moita maleta, porque en cada sitio tes para limpar e secar e por seis ou sete euros, tes todo listo, eso si, metras se limpia hai que esperar...

 
no camiño tamen descubres outros obxectivos, quen sabe se irei a Valvanerada, pero boa pinta ten.


 

Perfil Puente de la Reina - Logroño 
Etapa 3
 
Empezamos saindo de Logroño polo carril bici e por un parque, moi comodo
 
 
Eso si, a bicheria local, debe ser dura, que me picou algo no brazo e en cinco minutos estaba asi, tiven que parar na farmacia e poñerlle a pomadita, aguantou a etapa

 
Logroño dounos calor de sobra, o camiño é moi doado de rodar, hai moita xente pero ningun problema

 
parada técnica, uns platanos, e auga... moita auga.


 
Auga, auga e mais auga

 
Santo Domingo de la Calzada


 
posiblemente a mellor comida do camiño, en Santo domingo de la Calzada.

 
seguimos cara Belorado, e por suposto, con ganas de chegar para hidratarnos.




 
o da picadura ia a mais, asi que unha visita a urxencias, un pinchazo de urbasón e antiistaminico 



perfil etapa 3 Logroño-Belorado



Etapa 4 Belorado - Burgos
Outra etapa para rodar, sen grandes dificultades agás o calor,
eso si, as bicis piden mimos




 
Despois dunha subida dura, e unha saida de cadea, revisión de cambio que se desaxustou, pero xa non volveu a dar problemas.


 
Atapuerca, sempre quixen ir a ver, esta vez pasamos o lado, pero queda pendiente unha visita como se debe

 
Subida a serra de Atapuerca, complicada polas pedras, e algún tramo de facer a pé.


 
Cruz de Matagrande en Atapuerca



 
Premio final de etapa



comida en Burgos, tortilla con cabeza de Xabarin, queixos e xamon




 
Catedral de Burgos, moi bonita







 
Cena




 
perfil etapa Belorado - Burgos






No hay comentarios:

Publicar un comentario