Seguimos de camiño
Deixamos Burgos, e iniciamos dúas etapas a 5 e 6, de casi cen quilómetros por Castela, moito rodar, algunha subida que mais que duras, son retos no camiño e sempre buscando unha sombra.
Castrojeriz
subida do dia, 1200 metros o 12%, feita dun tirón, o principio un pouco dura pola terra solta e un rampón, pero despois, cabeza e pernas.
perfil etapa Burgos - Carrion de los condes
Etapa 6, seguimos cara León, donde nos espera unha xornada de descanso.
Xa estamos en León, etapa de pedalear, non hai moito mais que contar, cen quilómetros e unha ducha as bicis, toca descansar.
día de descanso, que mellor que ir a un cine, non sei que foi mellor, a película ou o aire acondicionado. Por certo, El Sastre de la Mafia, pasable...
Despois de pasar polo Barrio Húmedo de León, e ceados... hora de retirarse que mañan, voltamos a bici
Etapa 7, marchamos de León, e imos ata Astorga. Arrancamos cedo que vai calor
baixamos de 300..
os chopos, unha pasada o polen, parece que nevou, pero estamos a 30º
Ponte do Passo Honroso
Astorga
Perfil etapa
Que ben comemos en Astorga... o camiño tamen da eses premios.
En castilla os mojóns estan todos marcados con pintura, pero en Astorga, eu vin o primeiro con placa de Galicia, non sei se hai antes, pero ese 257, da gloria velo
mañan, empezamos outra parte do camiño, deixamo Castela e sen sair de León, xa notamos a proximidade de Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario