Non hai volta atras, cada dia descontamos e sumamos experiencias.
Empezamos a etapa 8, co alto de Fontebadon xa de entrada, o punto mais alto do camiño 1505 m de altura, e seguimos con moito calor.
Cruz de Fierro, 1505 m
despois de subir Fontebadón, e seguir uns quilómetros cun sube baixa, temos unha caida tremenda, fixemos unha parte por estrada, un peligro ir cos peregrinos por camiños estreitos, e un tramo que fixemos, deunos a razón, moi dificil, moita pedra e moi técnico polo menos, para min.
non se aprecia na foto, pero o salto daba medo
xa notamos que estamos na casa, pinchito de parada polbo a feira en Ponferrada
O pasar por Ponferrada lembrei a miña expericenia nos 101 peregrinos, que gran dia, pero ese foi camiñando, por se alguén quer lembrar esa experiencia
xa baixamos dos douscentos...
parada para xantar en Villafranca del Bierzo, queda pouco para o final da etapa
chegada, unha ducha as bicis e ata mañan
perfil etapa,
e non nos colleu a chuvia por uns minutos...
un caldiño para cear...
Etapa 9
Saimos de Valcarce, e xa empezamos a subir o Cebreiro, unha boa subida, tempo nubrado e poñendo un ritmo, chegamos arriba
entrada en Galicia, por Cebreiro, xa estamos en casa, e xa se nublou, a partir do Alto de Poio, chuvia espesa, e pouco mais, baixar a Triacastela,donde chegamos mollados e frios e en Samos decidimos xa non parar, se nos paramos non arrancamos de novo, asi que directos a Sarria
perfil etapa
chegamos outra vez antes que as maletas, menos mal que nos pudemos duchar e estar quentiños ata que nos chegou a roupa
Sarria
Roupa a secar, boa falta lle facia
Etapa 11, para min a mais bonita, espectacular a saida de Sarria ca xente que habia, e polo menos ata Palas de Rei, encantoume todolos tramos, para repetir sen lugar a dubidas.
Qm 100.000
Perfil etapa
mañan é o último dia, hai que festexar, e que mellor que un churrasco e un polbo a feira
Etapa 11 amanece soleado e frio, hoxe non temos prisa, sabemos que o chegar marchamos para casa, pero ainda asi, hai que chegar.
arrancamos de Melide, 52 qms quedan para Santiago
Despois de moito sube e baixa, xa estamos a nada...
o último avituallamento, a quince de meta... selamos a cartilla, última parada, non fixemos moito caso a credencial do peregrino, e na Catedral non fixemos cola, pero aqui van as que selamos e próxima parada a catedral
deposito cheo... tiramos cara Santiago.
abrazos, comentarios con xente que nos cruzamos no camiño e que acabaron tamen, e felices todos
.
a viaxe ainda non acabou, tren e pa casa...
no tren...
e voltamos a ver o mar... xa estamos na casa.
Datos finais:
Horas de bici - 56:03
Qms bici - 774.42
Metros de subida positiva - 10.556
unha grande experiencia, de como facer deporte, convivir, e coñecer xente, o importante que o espiritu chegou sano, e o fisico tamen.
No hay comentarios:
Publicar un comentario