Pero que ben o pasamos
Domingo 05:30, vou a recoller a Diana. Marchamos para a Vila do Geres. Unha viaxe de tres horiñas e desde Lobios pasando a fronteira polo parque do Geres, espectacular esa entrada as oito da mañan, era unha paisaxe de película. Chegamos a Vila e ali esperábanos o resto do equipo que xa colleron os dorsais e tiñan todo listo, tomamos un cafe antes e ata logho, na saida xa estaban diante.
No noso caixon. Era o dos lentos pero os lentos eramos nós, seis quilometros de baixada e mi madriña como van estos portugueses.
Javi saudamos e escapouse, na meta voltaríamos a vernos.
a primeira parte da carreira era rápida e os quilometros ian pasando. Eu veño dunha semana un pouco fastidiada por unha dor de espalda, pero un pouco de doping, estiramentos, coidados, e respouso aqui estamos. Ainda non teño claro que vou facer, hai tres distancias longa, media e curta, a longa xa estaba descartada e a curta... Diana dime que fai o que eu mande. Xa o temos claro, imos a media que é o que viñemos, pero mentimos un pouco e digo que no cruce donde se separan as marchas decidimos.
despois dunha marcha bastante levadeira empezamos a primeira subida do día e xa apreta a calor. Arriba esta o desvio pero imos ben asi que tiramos para a media distancia, quedan setenta quilómetros por diante, pero sempre hai que ter pequenos obxectivos, primeiro subimos, despois buscaremos o primeiro avituallamento no km 37
arriba do porto marchamos para a dereita e metemonos nun grupiño, algo de baixada,
Diana gozando e as paisaxes son espectaculares
avituallamentos moi completos.
hai que voltar, pero uns dias para gozar do Geres.
Despois de recuperar, seguimos, temos por diante uns doce quilómetros antes do porto mais longo do día.
Un porto moi levadeiro ainda que o rutómetro estaba un pouco mal, imos decir que lle quitamos uns catro quilómetros e quedase en oito, pero xa é medio dia e o calor apreta, falando con outro ciclista advirtenos que na última subida do día mete todo o mundo o pe a terra...
xa se vera, que nós somos do equipo "ratas peludas" e iso é outra categaria.
Da tempo a todo
imaxen do porto, un espectaculo
un pouco antes de chegar arriba, había unha parella que ofrecia un pouco de auga fresca,
polo corpo por favor... que gusto!!
chegamos arriba donde se dividia a media da longa, pero nós nin queriamos nin tiñamos opción para cambiar, tiñamos que ter chegado unha hora antes. Por seguridade, xa non había posibilidade asi que iniciamos unha baixada donde seguía co gancho a Diana, moi ben baixa esta rapaza! e eu vou aprendendo pero sigo pensando, que non paga a pena unha caida por un pouco mais de velocidade, eso si, as paisaxes eran impresionantes, e facendo camiño chegamos a un encoro, que sen aviso...
2,5 km para arriba o do 8.3% de media, buff, como tira pero subindo sabiamos que esperaba o segundo avituallamento, cando cheguei puxenme fino de pastelitos, necesitaba un pouco de sucre
cando estabamos no avituallento chegou Josie, no punto que se xuntaban as dúas rutas para xa ir a meta, eu pensando... se chega Josie, Javi ven detrás, asi que con calma...
catrocentos metros de empedrado, e sabemos que queda unha subida dura, esa que todo o mundo pon pé a terra. Non parece tanto cando chegamos, xa subimos cousas peores penso...
Pero hai un tramo de mais do 20%... aqui se pos pe a terra xa subes andando o resto, pero se subimos Ézaro, non imos por o pe en terras portuguesas asi que tiro ata a curva que xa debe de acabar... xiras, e ves unha fila de camiñantes con bicis o seu carón, seguimos... que debe acabar en esa curva, non! Pois agora por orgullo sigo, outra curva!!, pero que é isto!!, cando acaba esta tortura??, xa casi non podia mais cando vexo o final dun muro unha furgoneta... vamooos!! estamos arriba, ofrecen unha cocacola fresquiña.. que ben entra!! ainda queda porto pero xa esta e rápidamente entramos nunha baixada.
Preguntolle a un GNR e dime quedan uns dez quilómetros... Imos Diana, tira o que queiras que eu sígoche, son os sete quilómetros mais divertidos de toda a xornada. Estrada perfecta, curvas moi abertas, e ainda que non a vexo imaxino o sorriso da compañeira.
Entramos na estadra que baixamos fai catro horas e pico, quedan tres quilómetros para meta... os coches que baixan pitan animando, non hai moito mais, pero o que queda e para disfrutar, dous.. un quilómetro!
Geres!!
E entramos en meta... medalla e sorpresa, estaba Javi que o bandido fixo a media por equivocación, e claro, cando vas sobrado pois chegas antes.
marabillosa carreira, para o ano xa esta apuntada no calendario, pero esto ten que ser para ir a fin de semana, "Geres paraiso"
Perfil.. para o ano xa te coñecemos.
E xa temos reto para superar a mi "yo del año pasado"Recovery post carreira
O voltar ainda parei a facer un pouco de turisteo, camiño romano en Loibos
E asi, despois de parar en Ourense a tomar unha co meu amigo Josiño
Tiramos para casa, non chegaba para ver o partido da final de baloncesto Leyma - Estudiantes, e non queria sufrir. Escoitando música, ata que o amigo Ruben, chamou para felicitarme e o móbil empezou a non parar de recibir mensaxes... estamos na ACB,
menudo día bonito







































No hay comentarios:
Publicar un comentario