Somos mecha corta.
- Esta a Quebrantahuesos, e non sei se podo ir, porque a miña muller non ten data para unha operación... Se non a operan, vou a quebrantahuesos, o venres e o domingo traballo...
- Que vas a ir a Sabiñanigo, Quebrantahuesos, voltar a traballar?
- se non operan a muller, si...
serian uns tres ou catro segundos de silencio, e dixen;
- Nin de coña che deixo ir so ata ali, facer a QH e voltar. Vou contigo e xa mirarei de facer algo por ali mentras ti rompes o corpo!
- En serio?
-Xa esta decidido, eu non digo nada na casa ata que sexa oficial, temos ata o martes 14 para que se concrete asi que xa esta dito.
e pasou a fin de semana, e xa empecei a estudiar o tema:
percorrido en coche, paradas, intendecia, que facer mentras Javi ia a facer a súa ansiada e tan traballada QH.
Hai cousas que se non saen non hai nada que chorar, pero se se pode, hai que ir, si ou si.
E chegou o martes, outra vez garda, esta vez ca compañeira Sandra, que agora que ten bici nova, a ver se non se apunta con nós que tamen é unha mecha corta, "xuntouse a fame cas ghanas de comer"...
e o ir para o traballo ainda non temos confirmación, seguimos normal ata que as sete da tarde, cando estaba no meu posto, ven Javi co móbil na orella, e faime un xesto... Imos!!! apreto puño e activo o modo, "que o venres marchamos de excursión!! " e xa aviso en casa, cancelo o que tiña o sabado, e todo o organizado previamente ponse en marcha.
Collemos habitación en Jaca, se non pasa nada o venres iremos a Sabiñanigo, coller o dorsal de Javi, ver a feira do corredor, e prepararse para o sábado. A saida da QH é as 7:30, eu cando saian os últimos da QH, irei en solitario ata o Col de Samport en Francia e a ver como se da a excursión que dan un pouco de calor, mais levarei uns euriños para tomar algun refrixeiro polo camiño.
Venres.
O tempo pola autovia do Cantabrico dounos un respiro, xa nos daria o calor por terras aragonesas.
Imos con calma, e as paradas estaban previstas.
Comemos nun area de servizo a saida de Vitoria, curioso, tiñan un monumento cunha peza do Muro de Belin.
Trozo do Muro de Belin. Que nunca esquezamos o que fixeron, non vaia a ser que repitamos a historia.
E seguimos camiño, disfrutanto do tempo chegamos a Jaca.
imos primeiro a hotel, a deixar o material, despois xa con mais calma iremos a Sabiñanigo a feira de corredor, coller dorsal e eu alucinar co ambiente.
imos para a feira...solo 17000 €, esta "cosita"
e alguen sabe de quen é esta? Uxia, en dúas semanas veremos a bici e o dono.
eu tamen pillei algo na feira
Pero vai pasando o día, e Javi dime que quer facer unha activación, asi que voltamos o hotel e imos a dar unha volta en bici, imos con calma, o tempo xa é decoroso e subimos ata Villanúa
recovery, e cena, mañan toca festa
e cando liberaron a estrada, eu continuei ca miña ruta prevista. Primeiro subir a Canfranc unha vila preciosa, ainda que o que mais chama a atencion é a súa famosa estación de tren.
e despois de ver Canfranc, seguimos cara Francia subindo o porto de Samport, un escandalo de paisaxe. A verdade que entre esta fin de semana e o do Gerés, estou cargando o calendario do ano que ven, algun pensara que traballo poucos días, eu penso que me sobran gardas porque non me da a vida!
despois de baixar a temperatura do corpo, esa auga non era de manantial se non desxeo, vou para Sabiñanigo a esperar a chegada de Javi, o peloton da xente é incesante, xúntase a chegada da QH e da Treparriscos, un espectaculo do ciclismo, hai que vivilo!!
E xa sen solución de continuidade, un refrixerio un pouco de charleta con compañeiros, o tempo vai pasando e xa son casi as seis da tarde, e aqui empeza a miña verdadeira función de asistente, tírate e descansa compañeiro, eu encargome do resto. Imos a cear a Cantabria? quédanos de camiño...
e asi, facendo quilómetros, unha treboada tremenda por Asturias, un sorriso na cara que ningun dos dous podia quitar, chegamos a casa as tres e media da mañan... unha ducha e hoxe é outro dia, Javi traballando eu descansando e mañan empezamos a pensar na QH e Treparriscos de 27,

























































No hay comentarios:
Publicar un comentario