lunes, 5 de julio de 2021

ruta Tres Bispos

 

Domingo pola mañan, Xullo, previsións de bo tempo, pero na montaña, sempre poden pasar cousas inesperadas. Marchamos para Os Ancares, a dar un paseo con Pacho e facer a ruta desde o Albergue ata o cumio de Tres Bispos.

lunes, 28 de junio de 2021

O meu Mediohomedeferro

 

Iste é o relato dunha fin de semana pero que abarca moito mais.


miércoles, 9 de junio de 2021

XXXI Triatlon Concello de Oleiros

 

        O meu primeiro triatlon de xeito competitivo, tiven a sorte de ter dorsal despois do sorteo de postos pola limitación de prazas que nos toca en esta época, e despois dunha primeira experiencia no popular de Arteixo. Para min, non deixa de ser un adestramento de calidade cara o obxectivo real que non deixa de ser o mediohomedeferro en As Pontes.


miércoles, 12 de mayo de 2021

domingo, 21 de marzo de 2021

domingo, 3 de enero de 2021

Media Maraton "primeiros de ano"

      

     A primeira Media Maraton do ano, unha festa dos extensivos, pero unha tradición que xa vai para tres anos.

  

viernes, 4 de septiembre de 2020

O meu primeiro 70.3 #mediohomedeferro

 Esta é unha entrada que levo traballando desde que acabei a maraton de A Coruña, tiña que estar feita en xuño, pero como todos sabemos, éste ano é especial, non hai que contar nada. Como digo, metinme nesta aventura que non é outra que o triatlon, un bo club Nosportlimit e abofé que estou encantado. O meu nivel é baixo, pero as ganas de aprender novos deportes superar os problemas e por suposto, sei moi ben quen son, e as miñas capacidades para superar retos, pero os meu retos. Desde mediados do ano 19, xa pensaba no Medio Ironman de As Pontes, para min, mediohomedeferro e desde logo que fun poñendo pasiño a pasiño os alicerces para debutar con dignidade. Primeiro reves, evidentemente a covid que nos ten tolos a todos, xa se retrasou a proba para outubro, e casi dous meses pechados en casa, que a min polo menos deronme un bo baixon, pero fomos recuperando e as ganas da competir voltaban a rondar pola cabeza.

Esta es una entrada que llevo trabajando desde que acabe la maraton de A Coruña, tenia que estar hecha en junio, pero como todos sabemos, este años es especial, no hay nada que contar. Como digo, me meti en esta aventura que no es otra que el triatlon, un buen club Nosportlimit y juro que estoy encantado. Mi nivel es bajo, pero las ganas de aprender nuevos deportes, superar los problemas y por supuesto, se muy bien quien soy, y mis capacidades para superar retos, pero mis retos. Desde mediados del 19, ya pensaba en el Medio Ironman de As Pontes, para mi, mediohomedeferro y desde luego fui poniendo pasito a pasito los cimientos para debutar con dignidad. Primer revés, evidentemente la covid que nos tiene locos a todos, ya se retraso la prueba para octubre, y casi dos meses encerrados en casa, que a mi por los menos me dieron un buen bajon, pero fuimos recuperando y las ganas de competir volvian a rondar por la cabeza.

viernes, 3 de julio de 2020

Un sentimento


Hoxe por fin cumplín un desexo o que levaba moito tempo dandolle voltas. 
Dende que recordo sempre tiven este sentimento, e non deixa de ser iso. A miña primeira sinatura xa tiña a "X" como marca destacada e asi sigue. Lémbrome cando o quixen facer por primeira vez nos anos noventa, e me convenceron que tanto da, se non pasa nada, xa tes cartilla, tes nómina, vas ter que cambiar moitos papeles e sen estar convencido deixéino, pero os alicerces da idea quedaron aí, sempre presente, sempre con ganas de facelo.
 Eu sei que para os meus pais e miñas irmans sempre serei "Juan" ou "Juanciño", cando llo comentei os meus amigos de sempre xa me dixeron, ti para nos eres e seras "Xoan", para unha grande parte do mundo, seguirei sendo Carlos, pero hoxe teño un sorriso, e cando cumplimente algún papel donde teña que por a literalidade do dni, pois non terei que escribir o que non me sinto. 



Agora toca trocar moitas cousas, pero que boa sensación para min poder poñer o que realmente me sinto, un XOAN CARLOS, ben grande.