Coruña 10
Pois xa van oito anos de este entretenemento, para min non é mais que un cuaderno de bitácora e no que quedan recordos para ver o paso do tempo e por donde paso o tempo...
Esta carreira empezou cando cheguei de Valencia, tiña intencion de darlle caña, pero unha conversación co adestrador baixome a espectativas, tiña que descansar e tomei decembro e xaneiro como unha pretemporada. Un xeito de darlle descanso o corpo e o mesmo tempo facer un traballo para o que vai a vir, que é moito e bo.
O obxectivo é adestrar, e esta temporada quedar cos compañeiros de fatiga por motivos laborais esta mais dificil, asi que vou facendo os deberes, cando toca correr, bici ou natación, vaise facendo, pero sen presión.
Segundo Dúatlon o que vou este ano, nunha data que o importante é pasalo ben e desconectar un pouco da proba na que estamos centrados.
Empezamos o dia cedo, hai que ir a Lugo, e hai frio.. moito frio. Atopamos a zona de transición na Area Recreativa Los Robles o carón do Miño, cunha herba alta, humida, e a verdade un pouco descoidada, pero como non hai espectativas, pois eso, a pasalo ben.